Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/08/21 | 11:35 | C. do Medio Rural

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais da Xunta determina que a presunta causa dun lume na Pobra do Caramiñal foi unha cabicha mal apagada

O lume, rexistrado onte na parroquia do Xobre ou O Maño, afectou tan só 0,01 hectáreas de monte raso, grazas á rápida intervención do Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

26/08/21 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá obras de mellora do firme na estrada AC-524 ao seu paso polo concello de Frades

A intervención, adxudicada por un importe de preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 2 meses
O
s traballos levaranse a cabo no entorno da travesía de Abellá, en concreto entre os puntos quilométricos 8+600 e 10+350

26/08/21 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias entrega as chaves de Abeleira Menéndez 16 a unha nova veciña do casco vello vigués

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada da Xunta en Vigo pon en valor a importancia de promover vivendas de promoción pública, nomeadamente na cidade viguesa cos maiores rexistros de demandantes de entre as urbes galegas

26/08/21 | 10:52 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.486 casos activos por coronavirus

Un total de 164.551 pacientes xa están curados

26/08/21 | 10:45 | C. de Economía e Industria

Un total de 24 proxectos de I+D+i relacionados coa pandemia aspiran ás axudas do programa Conecta Covid da Xunta

Nas iniciativas están implicadas 45 empresas galegas, das cales 40 son pemes e as outras 5 grandes compañías tractoras, así como 10 organismos de investigación

26/08/21 | 10:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece co Premio Elías Valiña ás Asociacións de Amigos do Camiño de Ávila e de Hungría e outorga unha mención especial ao médico José Carro Otero

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o nome dos galardoados na edición deste recoñecemento que distingue o labor revitalizador dos valores da Ruta Xacobea

26/08/21 | 08:05 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Ponteceso, parroquia de Niñóns

Este lume afectou unha superficie de 118 hectáreas, das cales 47 son arboradas e 71 rasas

25/08/21 | 19:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Moaña acolle unha nova exposición sobre a obra do poeta Bernardino Graña co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na inauguración da mostra composta por 14 bloques informativos que pode visitarse ata o 31 de agosto

25/08/21 | 18:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

'Atardecer no Gaiás' despídese esta semana cos concertos de Pedro Mafama e Blanco Palamera

O fadista urbano Pedro Mafama chega o xoves á Cidade da Cultura coa súa mestura de música tradicional portuguesa, sons electrónicos e ritmos do Sur

25/08/21 | 15:22 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa enxalza á delegación paralímpica galega en Toquio que acadará 'unha participación tan exitosa' como a da delegación olímpica

A páxina web galiciaolimpica.gal permanecerá atenta a todo o que aconteza para as galegas e galegos nos Xogos Paralímpicos: calendario, resultados e entrevistas personalizadas para coñecer máis a fondo aos deportistas que compiten baixo a bandeira de Galicia