Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/08/21 | 20:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa participa na presentación do Cangas, 'o faro do balonmán galego que alumea o camiño dos que veñen detrás'

Compromete o apoio do Goberno autonómico para o novo proxecto de mellora das pistas que está a realizar o Concello

26/08/21 | 20:06 | Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral para o Deporte visita as instalacións da Sociedade Deportiva Tirán, o club de traíñas máis laureado de Galicia

Na presente tempada, o club de remo de Moaña recibiu 21.000 euros con cargo ao Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de Galicia

26/08/21 | 18:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O deporte galego chora o pasamento de José Manuel Rodríguez, Palelas, tras toda unha vida adicada ao atletismo

Palelas recibiu no 2012 da man do presidente da Xunta a distinción ao Mérito Deportivo de Galicia

26/08/21 | 17:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza a notificar aos 415 beneficiarios as axudas directas aos locais de ocio nocturno que acadan os 4 M€

Os propietarios destes establecementos poderán percibir axudas ata un máximo de 35.000 euros segundo a superficie do local, de acordo cos criterios fixados cos representantes do sector e recollidos na Orde de convocatoria de 14 de xuño, pola que se establecían as bases reguladoras de axudas para os establecementos de lecer nocturno de Galicia

26/08/21 | 16:51 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en valor o poder dinamizador da xente moza e das novas tecnoloxías no rural galego

A proposta estase a desenvolver no CEIP Plurilingüe de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, e inclúe actividades de traballo multimedia, exposicións de fotos e xestión de redes sociais

26/08/21 | 14:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na LU-636, entre Sarria e Becerreá, nas que inviste máis de 711.400 euros

Esta actuación de reforzo está incluída nun contrato máis amplo que afecta ás obras nas estradas Nadela-Sarria-Monforte e na vía de A Pontenova a Aldeguer, ás que o goberno Galego destina preto de 1,7 millóns de euros

26/08/21 | 14:22 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta estuda diferentes propostas para o emprazamento dos novos puntos de encontro familiar

O delegado territorial lembrou que nos municipios que carecen destes centros son os xulgados os que se encargan de derivar cada petición ao PEF máis próximo ao domicilio dos usuarios

26/08/21 | 14:18 | C. do Medio Rural

A Xunta formou en materia de reposición de marras en cultivo de viñas a 15 profesionais do sector

A acción formativa celebrouse no Centro de formación e experimentación agroforestal de Guísamo

26/08/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura nas Torres Hejduk do Gaiás unha intervención artística que as transforma nun faro xacobeo

‘En terra firme’ é unha instalación efémera de Ana Núñez e Sebastián Sandoval, que combina artes visuais e sonoras, e pode visitarse ata o próximo 9 de xaneiro

26/08/21 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 44 ofertas para a redacción dos proxectos de 5 actuacións para reducir o risco de inundacións en Padrón e Valga, que suporán un investimento de 305.000 euros

Trátase de redactar os proxectos para minimizar o risco de asolagamento nestes municipios, previstos no Plan de xestión específico para a área dos ríos Ulla e Sar