Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/08/21 | 11:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes de catro estradas autonómicas nas provincias da Coruña, de Lugo e de Ourense

Realizaranse traballos de roza na estrada que une Mosqueiros (AP-53) e Santa Lucía (N-525); nas vías de altas prestacións en Monforte e en Lugo e Sarria; e na estrada A Gudiña-A Rúa, en Cortegada

29/08/21 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá en Xinzo de Limia un curso sobre as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica

Está previsto desenvolver esta acción formativa o vindeiro venres, 3 de setembro, en horario de mañá e tarde na Casa da Cultura

29/08/21 | 10:51 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza a vindeira semana un curso en Friol sobre benestar animal no transporte

Impartirase nas instalacións da Asociación de Desenvolvemento Rural (ADR) da Comarca de Lugo dende o vindeiro mércores 1 de setembro ata o martes 7 en horario de 10:00 a 14:00 horas

29/08/21 | 10:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Louredas no concello de Carnota

Estes traballos desenvólvense nun treito de 2 quilómetros de lonxitude, na parroquia de San Mamede de Carnota, ao seu paso polos lugares da Rateira e As Cruces

29/08/21 | 10:31 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.607 casos activos por coronavirus

Un total de 166.785 pacientes xa están curados

28/08/21 | 21:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez agradece o esforzo feito polos organizadores do Resurrection Fest para reencontrarse co público

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade asistiu á segunda xornada do festival que se desenvolve ata mañá nun formato adaptado ás medidas sanitarias

28/08/21 | 13:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia un investimento de 225.000€ para un centro que divulgue o pasado romano de Bueu

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe o Museo Massó onde informou da colaboración co Concello para musealizar os restos atopados na escavación da Pescadoira que inclúen vestixios dunha fábrica de salgadura do S. II D.C.

28/08/21 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta duplicará as axudas ás ANPAS que xestionan comedores

— O importe das subvencións, que xa se poden solicitar, elévase ata os 1,2M€
Avanza que o luns reunirase o Consello Escolar para preparar a volta ás aulas

28/08/21 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sitúa os campamentos de verán como unha oportunidade para fomentar a aprendizaxe non formal

Os participantes, de entre 10 e 13 anos, introdúcense nas técnicas da cociña creativa ou da repostería, entre outras actividades