Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

13/08/21 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por sars-cov-2 nunha granxa de visóns de Abegondo

A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España
 

13/08/21 | 13:57 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte
13/08/21 | 13:30

Gabriel Alén subliña o labor dos obradoiros de emprego para a mocidade como xeneradores de oportunidades laborais

No Programa ‘Mocidade da Mancomunidade de Verín VI’, a Consellería de Emprego e Igualdade inviste preto de 370.00 euros, o que permitirá formar a 8 alumnos – traballadores nos módulos de froitocultura -, e a 8 no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

13/08/21 | 13:29

A Xunta agradece o esforzo dos profesionais do mar na promoción dos seus produtos e a súa contribución á recuperación económica de Galicia trala pandemia

A titular de Mar anima ao sector a seguir na mesma liña de traballo que lle permitiu resistir mellor o impacto da alerta sanitaria e adaptarse ás dificultades derivadas dela

13/08/21 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta principia as obras de reforzo da seguridade viaria na OU-113 ao seu paso por Laza

Gabriel Alén explicou que nesta actuación, encamiñada a favorecer a seguridade, a comodidade e a experiencia do peregrinos, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 36.000 euros

13/08/21 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora en Sanxenxo coa empresa téxtil D-Due na posta en valor do produto local e o impulso á comercialización da Artesanía de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá a Summer Shop Artesanía de Galicia & D-Due, na que participan 36 obradoiros

13/08/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e forzas de seguridade acordan extremar a vixilancia no cumprimento das normas sanitarias ante a fin de semana con máis festivos e desprazamentos do ano

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acordaron, nunha reunión por videoconferencia cos xefes das policías locais das principais cidades galegas e cos mandos policiais da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Autonómica, extremar os controis e incrementar os dispositivos para evitar infraccións

13/08/21 | 12:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 300.000 euros novas obras de saneamento e abastecemento en distintos lugares da parroquia de Larín, no concello de Arteixo

A intervención, que conta cun prazo de execución de 3 meses, permitirá a mellora dos sistemas dos servizos municipais entre os lugares de Mirón, A Chamusqueira, Capela de San Roque, O Campo da Pedra, A Fraga e O Anide

13/08/21 | 12:16 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Vilar de Barrio reforzan a súa colaboración ao abeiro do convenio de protección das aldeas para anticiparse aos incendios forestais

Na reunión, tratouse a posibilidade de levar a cabo labores preventivos no monte veciñal de Rebordechau, tras as tarefas de helimulching realizadas o ano pasado en 10 hectáreas da Serra de San Mamede para rexenerar unha zona afectada polo lume

13/08/21 | 12:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a proposta cultural itinerante A paisaxe do Camiño de Inverno, que bota a andar hoxe en Monforte

Inclúe exposicións, un libro de fotografías e faladoiros en cinco concellos galegos, e recibe unha achega de 21.000 euros a través do programa O teu Xacobeo