Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

12/08/21 | 13:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 95.000 euros á mellora do abastecemento e sistema de depuración de augas residuais de pobos do Concello da Bola

O delegado territorial explicou explicou que na provincia de Ourense 67 concellos percibirán 95 axudas destinadas a mellorar estes servizos de competencia municipal

12/08/21 | 13:06 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 2.700 profesionais incorporáronse ás listas de contratación temporal da Xunta neste ano 2021

O DOG publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos para diversas categorías

12/08/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia a mellora de servizos de augas en 24 comunidades de usuarios de Tomiño e concede 94.000 euros máis para este ano

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, supervisan as actuacións realizadas nos lugares de Sobrada, Tomiño, Goián e Estás, orientadas a garantir a subministración de auga potable aos veciños

12/08/21 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 96.000 euros no polígono industrial de Chorente para a mellora das vías de acceso ás parcelas e a súa sinalización

O delegado territorial explicou que esta achega, encadrada na Orde de Parques Empresariais, ten como finalidade a mellora da pavimentación actual de varias vías de acceso ás parcelas do parque empresarial e a sinalización das mesmas

12/08/21 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez demanda axilidade no impulso do tren a Punta Langosteira para poder avanzar na recuperación da fachada marítima

Remarca que a conexión ferroviaria é a prioridade número un do Goberno galego e que o presidente da Xunta acadou xa o compromiso da súa execución do ex-ministro Ábalos

12/08/21 | 12:23

A Xunta colabora nunha experiencia pioneira que ofrece paseos virtuais para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das IIlas Atlánticas

A actividade, de carácter gratuíto e que require de inscrición previa no propio arquipélago, comeza hoxe nas Illas Cíes e desenvolverase de xoves a domingo durante o mes de agosto e a primeira quincena de setembro

12/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a cooperación coas Forzas Armadas na loita contra os incendios forestais

José González destacou que a colaboración entre o Ministerio de Defensa e o Goberno galego suporá o despregamento de 30 patrullas do Exército nos montes da nosa comunidade (tres máis que o ano anterior), con misión de vixilancia e disuasión

12/08/21 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/08/21 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora na conservación e posta en valor da olería tradicional no VII Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participará este sábado nunha mesa de debate sobre o Pasado, presente e futuro da olería, que terá lugar no Museo da Olería de Niñodaguia no marco deste evento

12/08/21 | 11:28

Os alumnos do obradoiro de emprego Vencellos da memoria dixitalizan os arquivos municipais de Ribadeo e Barreiros

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, subliñou que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 369.500 euros nesta iniciativa, que forma a 16 mozos e mozas desempregados