Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima
Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie que rolda as 20 hectáreas
A Xunta avoga en Portomarín por un marco lexislativo que regule e impulse a igualdade laboral
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na localidade lucense, xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no VI Encontro Xacobeo Peregrinas
A Xunta e o Concello de Calvos de Randín reforzan a súa colaboración na defensa contra incendios forestais
Nesta xuntanza púxose en valor a cooperación no marco do acordo asinado entre ambas partes para a realización de traballos preventivos e de extinción, así como o feito de que este municipio estea adherido ao convenio de protección das aldeas
A Xunta destaca que Ribeira Sacra reúne máis da metade da superficie demandada polas denominacións de orixe vitivinícolas para polígonos de viñedo
Esta DOP solicitou recuperar para a plantación de vides máis de 5.800 hectáreas de terras en estado de abandono ou infrautilización, das máis de 10.000 ha trasladadas polas cinco denominacións de orixe dos viños galegos
A Xunta pon en valor en Antas de Ulla as axudas aos autónomos e lembra que xa poden solicitarse os apoios para o inicio de actividade e a contratación indefinida
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe na localidade lucense a panadería Modesto, que fue beneficiaria do Bono Autónomo, co que a Xunta prevé apoiar este ano a modernización e consolidación de 2.000 negocios
A Xunta licita por máis de 1,13 m€ o estudo de detalle de inundabilidade fóra das áreas de risco potencial significativo de inundación de Galicia-Costa
Trátase de complementar o labor de Augas de Galicia na contorna das 170 áreas de risco potencial significativo de inundación delimitadas na revisión e actualización do Plan de xestión de risco do novo ciclo 2021-2027, e que suman unha lonxitude de 548 km de río
A Xunta destaca o avance das obras da nova escola infantil da Guarda, que entrará en funcionamento para o curso 2022-2023
Os traballos comezaron o pasado mes de marzo e o prazo de execución previsto é de 14 meses