Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica a licitación da contratación do servizo de vixilancia e seguridade en edificios da administración autonómica
Conta cun orzamento anual duns 8,2M€ e dará cobertura a medio cento de edificios administrativos da Xunta
Galicia rexistra un total de 16.471 casos activos por coronavirus
Un total de 147.832 pacientes xa están curados
A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-840 entre Porzomillos e Oza, no concello de Oza-Cesuras
As intervencións, cun investimento autonómico de 454.000 euros, consistirán na construción dunha nova senda peonil e ciclista e na reordenación dunha intersección
Política Social aumenta nun 15%, ata os 53.000 euros, o convenio con EAPN-Galicia para facer fronte á pobreza e á exclusión social
O convenio recolle entre os seus obxectivos a creación de grupos de traballo, a organización e participación activa en foros sociais, así como facilitar o intercambio de información entre entidades para mellorar a atención ás persoas máis vulnerables
A Xunta somete a información pública o proxecto da nova senda na estrada AC-305, que conectará A Casilla, O Araño e Burés, no concello de Rianxo
O prazo para presentar alegacións estenderase dende mañá ata o 21 de setembro
A Xunta activa o convenio de emerxencias con UNICEF para a posta en marcha dunha Intervención alimentaria escolar en Venezuela
UNICEF traballa para promover os dereitos da infancia e conseguir cambios reais nas vidas de millóns de nenos e nenas en calquera situación de emerxencia e crises humanitarias, con presenza en 190 países
A Xunta aproba o Plan especial de Infraestruturas dos Blancos que permite a construción dun centro de persoas maiores
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informou favorablemente, un mes antes de rematar o prazo, este proxecto de ordenación co que se define unha parcela de case 3.000 m2
As pemes galegas de transformación dos produtos do mar investirán 45 millóns de euros entre 2021 e 2022 na mellora das súas instalacións
A Xunta subvenciona ata o 50% dos investimentos impulsados polas empresas do sector e na convocatoria deste ano aprobou preto de 21 millóns de euros en achegas cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca
A Xunta subvenciona os novos proxectos de creación escénica de 30 compañías profesionais galegas
Publícase a adxudicación de 800.000 euros en axudas a 16 propostas de teatro, novo circo e maxia, sete de nova creación e cinco de danza e artes do movemento, así como aos proxectos trianuais de Malasombra Producións e Teatro do Noroeste