Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/08/21 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 811.000 € a explotación das estacións de autobuses de Monforte de Lemos, Sarria e O Barco de Valdeorras

As empresas interesadas neste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 8 de setembro

07/08/21 | 12:11 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa en Parada de Sil unha formación sobre planificación e deseño das plantacións do castiñeiro de froito

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) é a encargada de levar a cabo esta acción formativa que ten previsto desenvolverse o vindeiro venres 13 no salón de actos deste concello ourensán en horario de 10:00 a 14:00 horas

07/08/21 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en preto de 5 millóns de euros as axudas que permitirán 112 novas actuacións de saneamento e abastecemento en 87 concellos

Esta ampliación do crédito da orde de axudas permitirá financiar 60 proxectos de abastecemento e 52 no eido do saneamento e a depuración

07/08/21 | 11:41

O Issga promoverá unha campaña de prevención de riscos laborais para o persoal veterinario que traballa en pequenas explotacións de gando

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) está a analizar as necesidades de seguridade e prevención das veterinarias e veterinarios que traballan en granxas para dirixir unha campaña específica o próximo outono

07/08/21 | 11:33 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.742 casos activos por coronavirus

Un total de 143.955 pacientes xa están curados

07/08/21 | 11:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a divulgación do oficio tradicional da olería na XXVII mostra de Alfaroleiros

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe esta mostra de olería, que conta co apoio da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e que estará aberta ao público ata mañá domingo

07/08/21 | 11:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a contratación de 102 persoas para realizar tarefas de I+D+i en empresas e organismos de investigación por importe de 1,2 millóns de euros

O DOG publicou a resolución da convocatoria do programa Principia, que ofrece axudas de 10.000 euros e un bono de formación de 1000 euros á contratación de persoal de ata 35 anos por parte de empresas e organismos de investigación

07/08/21 | 11:07

Xunta e sector constatan a mellora das capturas de polbo no primeiro mes de campaña e a abundancia de xuvenís no mar

As descargas e a facturación da especie nas lonxas galegas durante o mes de xullo superan a media da serie histórica e multiplican por máis de seis os rexistros acadados no mesmo mes do ano pasado

06/08/21 | 21:31 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta por vincular os viños galegos con eventos recoñecidos como a Festa da lamprea de Arbo para consolidalos nos diferentes mercados

José González destacou algunhas das medidas da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que avoga por vencellar os nosos viños e o enoturismo coa gastronomía e con eventos de interese