Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/08/21 | 10:26 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.824 casos activos por coronavirus

Un total de 146.699 pacientes xa están curados

09/08/21 | 10:20 | C. do Medio Rural

A Xunta formará a máis dunha trintena de persoas en Monforte de Lemos sobre aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios

As accións formativas, que están organizadas a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), celebraranse a partir do vindeiro luns 16

08/08/21 | 17:03 | C. de Sanidade
08/08/21 | 12:18 | C. do Medio Rural

Preto de 2.000 apicultores galegos benefícianse este ano das axudas da Xunta por valor duns 1,3 millóns de euros

Estas achegas teñen como obxectivo mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

08/08/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre prevención de ataques de lobo á gandaría en Castro Caldelas

A acción formativa ten previsto impartirse na Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Castro Caldelas dende o 16 ata o 18 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas

08/08/21 | 12:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a internacionalización das galerías de arte e da cultura galega con axudas de ata 4.000€

O Diario Oficial de Galicia publica a orde pola que se establecen as bases desta subvención para colaborar cos profesionais das galerías de arte

08/08/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará a vindeira semana novos traballos de limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias da Coruña, de Lugo e de Pontevedra

Este luns iniciaranse novos traballos nas marxes da vía Mosqueiros (AP-53)- Santa Lucía (N-525), en Santiago; na estrada LU-172, en Muras; e na Variante de Marín, entre Lourizán e Ardán

08/08/21 | 11:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre a convocatoria dun programa pioneiro de formación e mentorización de mozos e mozas para a transición da vida académica á laboral

O Goberno galego destina 450.000 euros a esta iniciativa que conta coa colaboración das tres universidades galegas e da que se poderán beneficiar este ano 350 mozas e mozos que acaban de rematar os seus estudos

08/08/21 | 11:13

A Xunta optimiza a transformación dixital das súas xestións pesqueiras cun investimento de preto de 4 millóns de euros

A Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia amplían a dotación e a vixencia do acordo asinado en 2019 para o financiamento de sistemas de promoción, mellora da comercialización e trazabilidade dos produtos do mar

08/08/21 | 11:02

Máis de 200 mozos galegos xa solicitaron unha axuda para comprar unha vivenda nun concello de menos de 5.000 habitantes

Esta liña de incentivos, pola que se pode acceder a unha subvención de 10.800 euros, segue aberta ata o 1 de setembro