Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Diario Oficial de Galicia publica a orde que aproba o baremo ordinario das áreas III e IV da carreira profesional do Sergas
Estamos ante un instrumento de avaliación progresivo e flexible, que permitirá aos profesionais progresar de forma individualizada e que se adaptará aos obxectivos da organización
A Xunta adxudica por máis de 6 M€ a redacción dos proxectos do novo CHUAC
O contrato adxudicado, para a redacción dos documentos técnicos e da tramitación urbanística e ambiental, posibilitará a posta en marcha das próximas fases do novo CHUAC, que suporá un investimento global da Xunta de máis de 431 M€
A Xunta remata as obras da nova sala polivalente e do novo mostrador de atención ao público no centro de saúde de Ribeira
O delegado da Xunta na Coruña, a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza e o alcalde de Ribeira visitaron o centro de saúde para comprobar o resultado da actuación
Trenor participou na presentación do proxecto "Un mes e pico" en Boqueixón incluido no programa O Teu Xacobeo
O delegado da Xunta na Coruña participou no primeiro acto de presentación do ciclo cultural “Arqueoloxía do Pico Sacro e a Cultura Xacobea”
A Xunta emitiu xa máis de 1,4 millóns de certificados covid para a cidadanía
Os puntos de realización de tests de antíxenos instalados nos 14 distritos sanitarios realizaron a proba a 13.916 persoas, detectando 170 casos positivos
O punto de atención administrativa covid-19 de Monforte de Lemos superou en catro días as 400 consultas
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as instalacións nas que se presta o servizo dende hoxe, situadas na estación de autobuses
A Xunta desenvolve actividades de ocio e seguras para os máis novos en plena natureza no campamento de Pontemaril
Realizan actividades como piragüismo, piscina, kaiak ou bicicleta na natureza, ademais de actividades de supervivencia como carreiras de orientación, sendeirismo na montaña ou obradoiro de reciclaxe
A Xunta financia obras de mellora na escola infantil de Cangas-A Choupana por máis de 50.000 euros
A intervención consistirá, fundamentalmente, no arranxo da cuberta exterior e da porta e do valado de entrada; así como na reforma do baño da aula de 2-3 anos e na revisión tanto da instalación eléctrica como do sistema de incendios
Feijóo destaca a capacidade de Equiocio para superar obstáculos e a súa importancia para a comarca de Ferrolterra
Salienta que este evento, non só se converteu nun referente da hípica a nivel estatal e internacional, senón que é un referente en ámbitos como o medio ambiental ou o turístico