Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/08/21 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As familias numerosas xa poden rexistrarse na web da concesionaria das autoestradas autonómicas para beneficiarse das bonificacións que entrarán en vigor a vindeira semana

A unidade familiar, que deberá estar en posesión dun título de familia numerosa en vigor, deberá cubrir a solicitude de alta na páxina web www.autoestradas.com

06/08/21 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta declara de interese autonómico o proxecto de ampliación das instalacións de Aguas do Paraño

Esta consideración vénlle dada pola relevancia do sector da auga mineral e porque o proxecto contribúe ao desenvolvemento económico e social de Galicia cun impacto especial no medio rural, no concello de Boborás (Ourense)

06/08/21 | 11:31

A Xunta reparte case 240.000 euros entre 9 concellos das reservas da biosfera ourensás para apoialos na mellora do patrimonio natural

O DOG recolle hoxe a resolución da terceira convocatoria que se realiza deste programa de incentivos, con boa acollida entre as entidades locais, tal e como demostra o feito de esgotar o crédito dispoñible

06/08/21 | 11:26

A Xunta reparte case 260.000 euros entre 13 concellos das reservas da biosfera lucenses para apoialos na mellora do patrimonio natural

O DOG recolle hoxe a resolución da terceira convocatoria que se realiza deste programa de incentivos, con boa acollida entre as entidades locais, tal e como demostra o feito de esgotar o crédito dispoñible

06/08/21 | 10:45 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.195 casos activos por coronavirus

Un total de 142.500 pacientes xa están curados

06/08/21 | 10:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a convocatoria do concurso de ideas para a construción da nova sede do Imelga en Santiago

As obras terán un orzamento de 4,3M€ para dotar ao organismo dunha sede de referencia en Galicia cunhas instalacións modernas e adecuadas para a medicina forense e a atención ás vítimas de agresións sexuais

06/08/21 | 10:25 | C. de Sanidade

A Xunta terá un comité clínico de cirurxía robótica para deseñar os criterios e protocolos de utilización dos novos robots Da Vinci

Formado por 18 persoas, terá entre os seus obxectivos levar a cabo un desenvolvemento progresivo e homoxéneo da utilización desta tecnoloxía en todo o Servizo Galego de Saúde

06/08/21 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza un curso sobre reprodución apícola e cría de raíñas en Becerreá

A acción formativa, que levará a cabo a Agacal, ten previsto desenvolverse dende o vindeiro xoves 12 ata o 24 de agosto no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Becerreá en horario de 9:00 a 14:00 horas

05/08/21 | 17:50 | C. de Sanidade

A mocidade poderá acceder ao sistema de autocita a través da súa tarxeta sanitaria ou do seu DNI

Recoméndase ás mozas e mozos pertencentes a unha mutualidade que se aseguren de ter rexistrado o seu DNI nos datos da mutua correspondente

05/08/21 | 17:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de máis de 200.000 euros na mellora da seguridade viaria das estradas da Xunta no camiño de Fisterra

Vázquez Mourelle explica que a intervención na AC-445 se acomete nun treito de 400 metros, no acceso á praia de Talón, onde o Camiño de Fisterra discorre paralelo á vía