Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/08/21 | 14:05 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia inviste máis de 82.000 euros para dous vehículos adaptados dirixidos á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

O Goberno galego investiu no 2021 máis de 300.000 euros para sufragar os gastos de 29 prazas concertadas do Centro de día de Cogami, onde se traballa con persoas con discapacidade física

06/08/21 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licitará a próxima semana a restauración dos retablos da igrexa do colexio do Cardeal de Monforte de Lemos, nos que inviste 87.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que se realizará unha completa intervención, dende a limpeza e desinsectación ata a reintegración cromática e de volumes onde sexa preciso

06/08/21 | 13:37 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social pon en marcha o primeiro campo de voluntariado itinerante no Camiño Portugués

Entre as actividades deste campo desenvolto entre Tui e Santiago de Compostela, atópase o plogging, unha modalidade deportiva nórdica onde se mestura o running coa recollida do lixo do medio natural

06/08/21 | 13:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á familia de ourives composteláns Lado como exemplo de marca Galicia xa que forma parte do patrimonio cultural e artístico da comunidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a mostra ‘Lado. Unha saga de ourives composteláns’, organizada coa colaboración de Artesanía de Galicia

06/08/21 | 13:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética da praza de abastos de Ponteareas con 105 paneis solares fotovoltaicos

O delegado territorial, Luis López, acompañado da alcaldesa, Cristina Fernández, supervisa o remate desta actuación, que estivo financiada polo Instituto Enerxético de Galicia cun investimento de 47.000€

06/08/21 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lanza a campaña ‘GALICIA SABE AMAR’ para impulsar o consumo de produtos do mar entre a cidadanía

Esta acción de promoción incide na importancia de comer peixes e mariscos e na gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores

06/08/21 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que este mes quedará rematada a senda de Láncara na que a Xunta inviste 870.000 euros, tras a reapertura hoxe da ponte de Valdriz

Vázquez Mourelle destaca que hoxe se restablece a circulación na ponte sobre o río Neira, xa que as obras de ampliación da plataforma fixeron necesario pechar o tráfico

06/08/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias destaca a excelente acollida dos peregrinos ao novo servizo da Policía Autonómica de asistencia no Camiño

O delegado territorial da Xunta en Lugo explicou que os axentes patrullan en moto as rutas para reforzar a seguridade e prestar axuda e asesoramento

06/08/21 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello do Incio estudan novas actuacións na contorna da aldea modelo de Trascastro

Inés Santé comprobou o estado duns muíños situados na propia aldea, así como un sendeiro ao longo do río que rodea Trascastro

06/08/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia terá o vindeiro curso máis unidades en infantil e primaria que antes da pandemia, malia rexistrarse unha caída de 6.000 alumnos

Galicia continuará tendo a mellor rateo profesor/alumno de España xunto con Estremadura, e mellora en dous puntos a media estatal