Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

11/08/21 | 11:22

O obradoiro de emprego Camiño de Santiago I reforza a promoción turística de Palas de Rei, Monterroso e Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que a Xunta destina 353.000 euros a esta iniciativa, que tamén traballa no embelecemento de zonas verdes

11/08/21 | 11:06

A Xunta amplía ata os 3,4 millóns de euros o orzamento do programa de fomento de conservación e mellora de accesibilidade das vivendas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incrementa en 2,7 millóns de euros a convocatoria de 2021, cos que prevé atender 170 solicitudes máis

11/08/21 | 10:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida a visitar a exposición Faraón. Rei de Exipto que pecha este domingo no Museo Centro Gaiás

Froito da colaboración entre a Fundación “La Caixa” e o Goberno galego, a mostra exhibe desde marzo obras únicas das coleccións do Antigo Exipto do British Museum

11/08/21 | 10:38 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.106 casos activos por coronavirus

Un total de 148.914 pacientes xa están curados

11/08/21 | 10:20 | C. de Economía e Industria

Últimos días para solicitar as axudas da Xunta para levar a cabo proxectos de I+D fronte á covid-19

As empresas interesadas en participar no programa Conecta Covid teñen ata este venres, 13 de agosto, para presentar as súas propostas orientadas á investigación sobre vacinas, medicamentos e tratamentos, equipos sanitarios e médicos, desinfectantes ou equipos de protección

11/08/21 | 09:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a boa acollida do albergue público de Vigo polo que xa pasaron 473 peregrinos

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, pon en valor a recuperación das rutas xacobeas cunha notable afluencia de peregrinos, dos que unha cuarta parte elixiron algunha das dúas vertentes do Camiño Portugués

10/08/21 | 18:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o coidado e a conservación da Vía da Prata a través do novo programa de voluntariado ambiental

Dez persoas están a desenvolver actividades de sensibilización e coñecemento do patrimonio ambiental e natural no Camiño de Santiago

10/08/21 | 15:16 | C. de Sanidade

Mellora a incidencia acumulada da covid en Galicia, ao tempo que baixa o ritmo de novos contaxios

En todo caso, a incidencia acumulada segue a ser alta, e continúa a presión hospitalaria, polo que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, fixo un chamamento ao cumprimento das normas

10/08/21 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala a reforma da avenida de Ourense de Marín como exemplo de bo uso dos fondos europeos e reclama un reparto xusto dos ‘Next Generation’ para seguir avanzando

Lamenta que o reparto de fondos de reconstrución establecido polo Goberno de España impida actuacións de mobilidade en concellos de menos de 50.000 habitantes, pese a que a Unión Europea reclama investimentos no rural

Lembra que a Xunta e máis de 100 concellos impulsan unha declaración institucional para acadar un maior equilibrio no reparto dos fondos de reconstrución

10/08/21 | 14:05

A Xunta repartiu máis de 17.000 composteiros domésticos grazas ao seu programa para fomentar a autocompostaxe

A día de hoxe hai máis de 400 entidades adscritas á iniciativa, liderada por Sogama e que busca recuperar unha práctica tradicional no rural