Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

06/05/21 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia participa no primeiro debate sobre a recuperación turística dos destinos nacionais impulsada no marco de Fitur

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, abriu a primeira mesa de debate no que tamén participaron os directores xerais de turismo de Madrid, Castela e León e Murcia

06/05/21 | 12:01 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que empresas como Marine Instruments serán imprescindibles no contexto de transición ecolóxica e dixital

Salienta que, a través da dixitalización, esta compañía con sede en Porto do Molle contribúe á sustentabilidade da actividade pesqueira

06/05/21 | 11:50

A Xunta avalía cos alcaldes da Gudiña e Riós novas oportunidades de formación para mellorar a empregabilidade nos seus concellos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse cos alcaldes da Gudiña, José María Lago; e de Riós, Francisco Armando Veiga, cos que abordou propostas formativas para mellorar as oportunidades laborais na contorna

06/05/21 | 11:44

O programa da Xunta Camiño á Empregabilidade formará a menores de 30 anos sen emprego para mellorar as súas oportunidades laborais

A iniciativa da Consellería de Emprego e Igualdade desenvolverase entre o 11 de maio e o 11 de xullo

06/05/21 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a 40 creadores emerxentes coa convocatoria da XI edición do ‘Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura’

Presentarán o seu proxecto creativo nunha estancia de catro días no Gaiás –entre o 22 e o 26 de agosto– establecendo un diálogo aberto con outros artistas

06/05/21 | 11:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza con 36 funcionarios o servizo de atención ao contribuínte na Campaña da Renda 2020

Galicia é a segunda comunidade autónoma que aporta máis colaboración de España á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT)

06/05/21 | 09:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita as obras de mellora do illamento do centro de día de alzhéimer de Lugo, ás que destina 100.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o contrato se enmarca no plan da Consellería de Política Social para acadar un novo modelo de servizos socioasistenciais tras a pandemia

05/05/21 | 18:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trasladará ao Goberno central a súa defensa no mantemento da oficialidade do topónimo Ría de Ribadeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reunión da Comisión de Toponimia, na que se abordou este asunto trala petición de Asturias ao Estado para oficializar o nome Ría do Eo

05/05/21 | 18:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita hoxe obras de reforma no IES Lois Peña Novo de Vilalba, ás que destina 247.000 €

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que os traballos previstos aumentarán a eficiencia enerxética do centro conforme ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia

05/05/21 | 18:34 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa fixa a educación e colaboración institucional como chaves para a loita antidopaxe no deporte

A Comisión Galega de Control e Prevención da Dopaxe vén realizando as súas competencias e destaca a sinatura dun convenio coa AEPSAD, así como a elaboración dun plan de controis vinculado co marco deste convenio