Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/05/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora da capacidade e da seguridade viaria da estrada que une a autovía Ferrol-Vilalba e Ortigueira, que acadan xa un grao de execución dun 25%

A actuación na AC-862, cun prazo de 18 meses, iniciouse en decembro de 2020 e o obxectivo é executala este ano para poñela canto antes ao servizo dos veciños

05/05/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que as obras de ampliación do IFEVI arrancan co compromiso de estar preparadas para albergar eventos de referencia internacional despois do verán

Vázquez Mourelle sinala que a mediados de setembro estará rematada a envolvente do edificio, dispoñendo xa provisionalmente de superficie para celebrar Conxemar, Navalia ou Mindtech

05/05/21 | 14:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece formación para axudar ás empresas da industria forestal a adaptarse á nova normativa en materia de igualdade

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron esta mañá nun webinario informativo

05/05/21 | 14:30 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a vocación social do tecido empresarial galego como sinal de identidade da nosa comunidade

Resaltou o labor da lavandería que a empresa da ONCE ten en Santiago, que se encargou de lavar e desinfectar a roupa de cama das residencias integradas

05/05/21 | 14:14 | A Presidencia da Xunta

Feijóo eloxia o compromiso da arquitectura de Galicia coa recuperación urbana, paisaxística e coa sustentabilidade para deseñar as vilas e cidades do mañá

Incide na importancia da arquitectura como elemento dinamizador da economía, do turismo e da demografía, “un sector que ten moito que dicir na reconstrución económica que afrontamos”

05/05/21 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta valora positivamente iniciativas como hostalería #PorElClima que sitúa a sostibilidade como vía de recuperación do sector

A directora de Turismo de Galicia e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático participaron no acto de presentación deste proxecto, impulsado por Coca-Cola e Ecodes, coa colaboración de Hostalería de España

05/05/21 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica tres vivendas de promoción pública nas rúas Ribeira Berbés 41 e Abeleira Menéndez 16 no casco vello vigués

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinala que é o undécimo sorteo convocado polo CCVV

05/05/21 | 13:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destina 6.000 euros á Asociación de Emigrantes Retornados do Ulla-Umia (Aeru) para o mantemento da súa oficina de información

O secretario xeral deste departamento autonómico firmou co presidente da entidade, con sede en Caldas de Reis, o convenio que permitirá manter o asesoramento aos galegos do exterior que optan por regresar a Galicia

05/05/21 | 13:36 | C. de Economía e Industria

Os Premios Nacionais de Mobilidade recoñecen a contribución da Business Factory Auto á competitividade da industria da automoción en Galicia

Conde fai extensivo o premio a todas as entidades que colaboran coa Xunta nesta iniciativa: o Grupo Stellantis, Ceaga e o Consorcio Zona Franca de Vigo