Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

05/05/21 | 12:04 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que Mestrelab está a contribuír a que Galicia sexa pioneira na dixitalización dos laboratorios de investigación

Pon de exemplo o software que ten deseñado e que xa empregan 150.000 científicos en todo o mundo e máis de 1500 institucións académicas, laboratorios e empresas como as que desenvolven as vacinas contra a covid-19

05/05/21 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 40.000 euros en melloras nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Porto do Son

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no concello levadas a cabo grazas a unha axuda da Orde de Infraestruturas de uso público.

05/05/21 | 11:53

Galicia crea emprego e lidera a caída do paro a nivel anual e mensual

A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe que o mercado laboral galego está a resistir á covid-19, xa que as afiliacións soben e o paro cae a nivel anual e mensual

05/05/21 | 11:50 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a importancia da alianza "intensa e leal" entre as administracións e as entidades sociais para lograr a inclusión sociolaboral das persoas desfavorecidas

Di que o compromiso e a vocación de servir do tecido social galego multiplican o efecto dos máis de 1.200 millóns que a Xunta dedica ás políticas sociais, á igualdade entre homes e mulleres e a garantir a dignidade a través do traballo

05/05/21 | 11:33

Galicia avanza na toma das mellores decisións na xestión das pesqueiras do litoral grazas á información aportada polo atlas da baixura

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro lembra que esta ferramenta fai unha radiografía da frota de artes menores da comunidade coas 20 modalidades de pesca e as 22 especies máis importantes así como a súa evolución

05/05/21 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas para executar as obras de reforzo do abastecemento de auga en varios núcleos do municipio de Valga, que suporá un investimento de máis de 183.000 euros

Trátase da ampliación da rede de abastecemento para o núcleo de Raxoi e da execución do encontro de trazados da rede de San Miguel

05/05/21 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición dos montes “Serra Malveda, Caprada e Galegas” en Rubiá no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

Trátase duns montes de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Oulego, Sierra Malvela, Caprada e Galegas

04/05/21 | 21:00 | A Presidencia da Xunta
04/05/21 | 20:31 | C. de Sanidade

Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Laza e Cualedro

No nivel alto de restricións estarán os concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha