Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/05/21 | 19:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta e as tres universidades galegas asinan o acordo para impartir na Comunidade os títulos interuniversitarios de Grao e Máster en Intelixencia Artificial

Feijóo precisa que tanto o máster como o grao impartiranse nas tres universidades públicas galegas, onde actualmente se están ofertando os graos de Enxeñaría informática

04/05/21 | 18:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Compromiso de Xunta e Concello para trasladar o centro de saúde do Sagrado Corazón ao antigo colexio

O conselleiro de Sanidade e a alcaldesa de Lugo acordan colaborar neste traslado, que consideran a mellor opción para reforzar os servizos sanitarios neste barrio

04/05/21 | 18:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta detalla o programa "Conecta co Xacobeo" para os galegos do exterior na Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

O vicepresidente primeiro presidiu, xunto ao secretario xeral da Emigración, a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas

04/05/21 | 18:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

'Os fillos pequenos' gaña o certame de Relatos do Camiño, iniciativa de mundo detrás do marco no programa de “O teu Xacobeo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á resolución dos 12 relatos que formarán parte do libro “Historias do Camiño”

04/05/21 | 18:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o crecemento dos produtos ecolóxicos de Galicia tras duplicarse os consumidores en cinco anos e reitera o apoio da Xunta na súa consolidación

O delegado territorial mantén unha reunión de traballo con representantes do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia para abordar as cuestións de futuro para o sector

04/05/21 | 17:35

A Xunta imparte formación aos empresarios do Deza en materia de igualdade laboral para favorecer a adaptación á nova normativa

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe desde Santiago de Compostela nunha webinar coa Asociación de Empresarios de Deza na que informou sobre a nova normativa en materia de igualdade laboral

04/05/21 | 16:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e os decanos de Ciencias da Educación analizan as melloras que suporá o Plan de nova arquitectura pedagóxica

O conselleiro Román Rodríguez subliña que o reto é reforzar un novo modelo de colexios e institutos cunha orientación educativa, enfocada á transformación dixital e á aprendizaxe por proxectos, con espazos interactivos e máis amplos e cómodos

04/05/21 | 15:20

Ribadavia deberá incluír os inmobles da súa propiedade pendentes de rehabilitación no Plan de dinamización da Área Rexurbe

O futuro documento, que debe redactar o propio Concello, incluirá as actuacións previstas neste ámbito e as estratexias a seguir para acadar os resultados previstos

04/05/21 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 18,5 M€ á conservación ordinaria e á vialidade invernal en 892 km de estradas autonómicas das áreas da Coruña, Ferrol, Bergantiños e Santiago nos vindeiros 4 anos

Trenor explicou que este contrato, que se corresponde coa área da Coruña-norte, permite unha vixilancia e control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible

04/05/21 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo eloxia o papel determinante dos empregados públicos na xestión e na superación da pandemia

Destaca o compromiso da Xunta para seguir fortalecendo os servizos públicos, a través, por exemplo, da aposta pola estabilidade, coas maiores ofertas públicas de emprego da historia da Comunidade