Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta abre o prazo de solicitude das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais
O investimento ascende a 460.000 euros, que se reparten por igual entre espectáculos e accións de artes escénicas e música
A Xunta outorga máis de 70.000€ en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e a mellora de coleccións a 37 bibliotecas das bisbarras de Pontevedra, Caldas e O Salnés
O delegado territorial, Luis López, informa desta liña de achegas nunha visita á Biblioteca Municipal de Cuntis xunto ao alcalde, Manuel Campos
A Xunta anuncia un reforzo de 234.000€ nas bibliotecas escolares de 117 centros do rural galego
O 65% dos beneficiarios son colexios de menos de 50 alumnos en concellos de menos de 5.000 habitantes
A Xunta anima á xente moza a estudar o Grao de aproveitamento e conservación do medio natural do CFEA Pedro Murias de Ribadeo ofrecendo a FP dual como garantía de inserción laboral
O Grao medio -que se implantou este curso no CFEA- supuxo inaugurar o Polo de formación forestal da Mariña, xa que a iniciativa xa se impartía no IES San Rosendo de Mondoñedo
O adianto dos exames de recuperación en 2º de bacharelato supuxo un incremento do 6% na porcentaxe de aprobados
A Consellería de Educación aborda cos representantes das familias diferentes cuestións de relevancia para a planificación do próximo curso
A Xunta inicia as obras da nova depuradora de Sergude para a mellora do saneamento en Boqueixón, que suporán un investimento autonómico de máis de 1,8 millóns de euros
Esta intervención ten como obxectivo mellorar as infraestruturas de saneamento e unificar o tratamento das augas residuais nos núcleos de Sergude e de Lestedo
Galicia rexistra un total de 3.061 casos activos por coronavirus
Un total de 117.502 pacientes xa están curados
Galicia rexistrou un mes de abril moi cálido e con precipitacións normais
O avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia conclúe que o mes quedou caracterizado por situacións anticiclónicas, interrompidas pola chegada de zonas de aire frío en altura que ocasionaban a presenza de chuvascos tormentosos
O período hábil xeral para exercer a actividade cinexética en Galicia estenderase do 17 de outubro ao 6 de xaneiro de 2022
O DOG publica hoxe a resolución pola que se determinan as épocas permitidas de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por cada especie para a tempada 2021-2022
A Xunta recolle as propostas de Aclad para a futura Lei sobre prevención das adiccións de menores en Galicia
Trenor destacou que entre os principais obxectivos do documento está o de actualizar os criterios que dan soporte ás medidas de prevención das condutas adictivas que desenvolven as administracións públicas e o resto de entidades