Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia as obras de execución de tres colectores e un pozo de bombeo en Orto e Crendes, no Concello de Abegondo, que suporán un investimento conxunto de 910.000 euros
O obxectivo dos traballos, que contan cun prazo de 5 meses, é dotar as parroquias dun sistema de saneamento capaz de dar servizo a preto de 1.500 habitantes
A Xunta propón aos empresarios de Ferrol avanzar no desenvolvemento dunha rede de infraestruturas que mellore a súa competitividade
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta mañá un encontro co tecido empresarial da comarca para perfilar un Pacto de Estado por Ferrol
As entidades galegas que participaron no programa europeo H2020 captaron máis de 168 M€ entre 2014 e 2020, un 93% máis que no anterior programa marco
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, subliñou este dato na súa visita á empresa TripleAlpha, que obtivo unha axuda da Xunta para preparar unha proposta para este programa
A Xunta planifica unha ampliación de preto de 145.000 m2 no parque empresarial de Muimenta, no concello de Cospeito
Ángeles Vázquez anuncia que as obras da primeira das tres fases da ampliación xa foron licitadas por un importe de 1,3 millóns de euros
A Xunta impulsará as iniciativas da Federación Galega de Xoves Empresarios a través da súa adhesión ao carné xove
Os locais integrados nesta entidade ofrecerán descontos e vantaxes
Ethel Vázquez anuncia a licitación hoxe das obras que o vindeiro ano dotarán de abastecemento as parroquias estradenses de Tabeirós e Nigoi grazas a un investimento de 715.000 €
A Xunta e o Concello da Estrada colaboran para garantir este servizo básico a uns núcleos de poboación que se autoabastecen con pozos privados e rexistran dificultades para dispor de auga na cantidade e na calidade necesarias
Ethel Vázquez destaca a publicación hoxe no DOG da primeira convocatoria de axudas aos concellos para dispor de caudalímetros que detecten fugas nas redes de abastecemento
A conselleira subliña que o obxectivo desta iniciativa é paliar a perda de auga, que en Galicia rolda o 30 % de media nas redes locais de abastecemento
A Xunta destinou 50.000 euros á reforma e rehabilitación do mercado municipal do Rosal
Inés Santé destacou que este labor enmárcase na “recuperación no mundo rural, na colaboración administrativa e no futuro verde”
A Xunta renova o convenio para a quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas ás vítimas da violencia de xénero
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou hoxe en Santiago de Compostela un novo convenio co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dará continuidade á garda psicolóxica especializada e permanente ás mulleres que sofren agresións e ás súas fillas e fillos
A Xunta apoia a dotación de equipamento do novo GES da Lama coa entrega dun camión destinado a todo tipo de emerxencias
O Goberno galego inviste case 200.000 euros neste vehículo tipo Bomba Rural Pesada totalmente equipado para intervir en incendios urbanos, forestais e industriais