Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

29/04/21 | 11:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta publica hoxe o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa Cruz do Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destaca que este recoñecemento protexe o monumento e contribúe “a conferirlle a dimensión que merece no marco da obra de Fernández del Amo”

29/04/21 | 11:16

Mañá comeza a veda do polbo en Galicia e rematará o 5 de xullo

Deste xeito queda expresamente prohibida a captura desta especie en augas nas que Galicia ten competencias e tamén para a pesca marítima de recreo

28/04/21 | 18:58

A Xunta demanda maior peso para fomentar o emprego autónomo e a economía social nos fondos estatais para políticas activas de emprego

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe, xunto cos seus homólogos autonómicos na Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais convocada polo Ministerio de Traballo e Economía Social

28/04/21 | 16:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete celebra o ascenso do Aldebarán co compromiso dunha actuación no pavillón de San Sadurniño que roldará os 100.000 euros en colaboración co concello

Cualifica a tempada do Aldebarán como “un gran triunfo de país” tras gañar a Copa Príncipe, a Superliga 2 e o ascenso á Superliga, a máxima división española do voleibol onde xa se atopan o Boiro e o Emevé de Lugo, que tamén ten ao seu equipo feminino na elite nacional

28/04/21 | 16:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O espectáculo ‘Jazzliza’ apoiado pola Xunta na Coruña conmemora as Letras Galegas a ritmo de jazz e poesía

A actividade enmárcase na programación do Goberno galego para o 17 de maio e conta coa colaboración do Conservatorio Superior de Música herculino

28/04/21 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta ao Concello de Ponteareas unha proposta de colaboración para a mellora e a cesión da xestión da estación de autobuses, na que se investirán preto de 535.000 euros

Trátase de executar as obras necesarias de acondicionamento da terminal do municipio e outorgar á Administración local a explotación e o uso destas dependencias

28/04/21 | 15:49 | C. de Sanidade

O Sergas fixa como obxectivo acadar o 60% de asistencia presencial nos centros de saúde

O Consello da Xunta aprobará mañá a creación da Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria que se encargará da planificación da Sanidade galega, poñendo especial énfase, no ámbito asistencial da Atención Primaria

28/04/21 | 15:36

A Xunta entrega tres vivendas protexidas en Pontevedra tras investir 200.000 euros na súa rehabilitación e mellora enerxética

Ángeles Vázquez felicita ás tres familias adxudicatarias, que pagarán unha renda de 91 euros ao mes por pisos de 75 m2, tres habitacións, terraza e rocho

28/04/21 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nos traballos de acondicionamento das zonas verdes da senda da estrada autonómica PO-308 entre Portonovo e A Lanzada, no Concello de Sanxenxo

Os traballos supoñen un investimento autonómico de preto de 95.000 euros e céntranse no acondicionamento dunha banda axardinada deste itinerario peonil