Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/04/21 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por un proxecto industrial nos terreos de Vulcano sempre que garanta investimentos, carga de traballo e xeración de emprego

Conde apela ao consenso para atopar unha alternativa que permita a reactivación, defendendo como primeira opción a industria naval

28/04/21 | 14:09

A Xunta salienta o compromiso con Galicia de empresas como Calvo e o seu labor responsable e respectuoso co medio ambiente

A titular de Mar subliña que as melloras na habitabilidade que implican as renovacións de frota son fundamentais para impulsar a remuda xeracional no sector e facer máis atractivo o traballo na pesca

28/04/21 | 14:07 | C. de Sanidade

Sanidade ampliará o seguimento de contactos de casos positivos por covid até os 7 días

A nova estratexia de análise de contactos tamén se ampliará a aquelas persoas que mantiveran unha xuntanza casual coa persoa infectada

28/04/21 | 14:06

A Xunta destaca a importancia da prevención de riscos laborais ante a covid-19 no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o director da axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participaron hoxe en Lugo nunha xornada sobre prevención de riscos no eido forestal organizada por Lugo Madera

28/04/21 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o XXII premio Elías Valiña que distingue o labor de entidades revitalizadoras do Camiño de Santiago

O galardón está dotado con 10.000€ e as candidaturas valoraranse en función das intervencións para protexer e fomentar o coñecemento do Camiño de Santiago

28/04/21 | 13:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo da Fundación Sálvora na tutela e asesoramento das persoas con discapacidade intelectual

O Goberno galego colabora con esta entidades a través dun convenio de colaboración de 120.000 euros

28/04/21 | 13:33

A Xunta solicita compromiso e responsabilidade na tramitación municipal do proxecto de urbanización de San Paio de Navia para que os veciños poidan acceder ás 1.600 vivendas previstas

Ángeles Vázquez avanza que o Instituto Galego da Vivenda e Solo vén de remitir o proxecto da fase 1 ao Concello, para a súa aprobación definitiva coa que se poderá iniciar a urbanización e comercialización do solo

28/04/21 | 13:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Lugo os Bonos Activa Comercio cos que se busca dinamizar as vendas e reactivar o sector

O director xeral de Comercio e Consumo presentou esta iniciativa, na que se invisten 10M€, acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias

28/04/21 | 13:06 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.048 casos activos por coronavirus

Un total de 116.298 pacientes xa están curados