Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Redrum Teatro estrea en Ourense a obra beneficiaria das axudas á creación escénica da Xunta 'Un home con lentes de pasta'
A peza, que se verá no Teatro Principal os días 7 e 8 de maio, presentouse hoxe en rolda de prensa coa participación do director da Agadic, Jacobo Sutil
A Xunta asina en Lugo convenios con Alar Galicia e Aliad-Ultreia para a intervención con menores agresores e o acollemento de vítimas de explotación sexual
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe as dependencias de Alar Galicia e de Aliad-Ultreia
Gabriel Alén resalta os 10 M€ da Xunta nos ‘bonos activa comercio’ para poñer en valor o comercio local e de proximidade
O delegado territorial informou que esta iniciativa despregará un total de 330.000 bonos orientados a todas as galegas e galegos maiores de idade
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-226, no concello de Moraña
O contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 6 meses
A orde para equipamentos deportivos da Xunta deixa máis de 3 M€ nos equipos galegos nos tres últimos anos
O secretario xeral e a delegada da Xunta supervisaron o material recibido polos equipos de Vigo en 2020 que xuntan tres furgonetas e un minibus e unha contía total de preto de 200.000 euros
A Xunta mellora as condicións do centro asistencial e turístico de Aspanaes no Monte do Gozo, referente dun Xacobeo 21-22 inclusivo
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, asinou con Aspanaes un convenio para a urbanización da súa contorna por un importe de 140.000 euros
A Xunta alenta aos veciños da provincia de Ourense a solicitar as axudas para emendar os impactos urbanísticos
O delegado territorial destacou que por primeira vez a Xunta convoca unha orde de axudas cunha partida de 1 M€ para emendar e corrixir máis de 300 impactos paisaxísticos nos concellos galegos
A Xunta renova a súa colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico para impulsar o servizo de xestión de bens comisados
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e o presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro, asinaron hoxe a renovación do convenio de que se mantén desde 2015 para mellorar a xestión dos bens incautados en delitos de narcotráfico
Ángeles Vázquez avanza a licitación da mellora de varias rúas no concello dos Blancos por preto de 50.000 euros
Salienta que no núcleo de Nocedo, ademais de traballos de adecuación, se instalará mobiliario urbano para dinamizar a vida veciñal na zona
A Xunta mellora as beiravías e a accesibilidade na estrada OU-536 en Castro Caldelas
Os traballos, que veñen de adxudicarse cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas