Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/04/21 | 16:59 | C. de Economía e Industria

Trenor informa do plan de apoio aos establecementos de proximidade e anima aos comerciantes a sumarse ao bono activa comercio

A iniciativa, para incentivar o consumo, arrincará a principios de maio con descontos de 30€ para os clientes, os establecementos interesados en participar xa poden presentar a súa solicitude

27/04/21 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dota este ano dun orzamento de máis de 410.000€ ás bisbarras do Condado e a Paradanta para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Crecente ten consignados para este exercicio 39.695€ deste programa e supervisa co alcalde, Julio César García-Luengo, a actuación realizada en Carreira e Santa Mariña coa anterior convocatoria, na que se investiron máis de 32.000€

27/04/21 | 15:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lamenta que o Goberno central non contase coas comunidades para o plan de medidas fronte ao reto demográfico

O Goberno galego solicita a convocatoria urxente da Conferencia Sectorial de Reto Demográfico para analizar este documento

27/04/21 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta ao xuíz decano de Vigo os avances na obra de rehabilitación da nova Cidade da Xustiza

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañaron hoxe ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano, e a un grupo de xuíces na súa visita ás obras

27/04/21 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta ao concello de Cangas as actuacións de renovación e mellora integral da estación de autobuses, que suporá un investimento autonómico de 300.000 euros

O Goberno galego está a ultimar a redacción do proxecto construtivo co obxectivo de iniciar as obras antes de que remate o ano

27/04/21 | 14:59 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda coñece a experiencia dos bolseiros Beme que están a cursar este ano un mestrado na USC grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta reunión pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez

27/04/21 | 14:52

Portos de Galicia traslada ás confrarías da ría de Pontevedra a decisión do Goberno central de buscar alternativas ao punto de depósito de áridos do exterior da ría de Arousa

Esta instrución, que é de aplicación xeral, leva a unha nova tramitación para o depósito do material da dragaxe do Lérez

27/04/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor realizou unha visita institucional ao Concello de Val do Dubra

O representante do goberno autonómico, a xerente da área sanitaria de Santiago e o alcalde visitaron o centro de saúde para estudar posibles actuacións de mellora no edificio

27/04/21 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta rematará no verán as obras do 'Espazo Amizar', un novo centro administrativo de referencia ao servizo dos cidadáns da Coruña que supón un investimento de máis de 7 M€

A rehabilitación da antiga sede da Consellería de Sanidade habilitará 5.800 m² para usos administrativos da Xunta, a oficina de emprego e locais de entidades sociais