Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 3.022 casos activos por coronavirus
Un total de 116.129 pacientes xa están curados
Valeriano Martínez critica a discrecionalidade do Goberno central no reparto dos fondos para loitar contra a pandemia e denuncia que Galicia tería que recibir 660 millóns máis
Pediu o apoio dos grupos parlamentarios da Cámara para demandar que nos recursos do Plan Nacional de Recuperación, Transición y Resiliencia se corrixa a discriminación a Galicia e apelou a unha cogobernanza real entre o Goberno central e as CC.AA.
O CDG e a Escola Superior de Arte Dramática únense para reforzar a formación dos novos profesionais da escena
Nace CDGLab, un espazo de encontro entre a formación e a profesión para o alumnado de artes escénicas
Feijóo recibe os primeiros seis científicos do Programa de atracción de talento que se incorporan aos centros de investigación universitaria de Galicia procedentes de fóra
O presidente da Xunta deulles a benvida a estes investigadores especializados en áreas como a física nuclear, as ciencias da terra ou a nanotecnoloxía e que ata o de agora estaban desenvolvendo o seu labor no Reino Unido, Países Baixos ou Suíza
Román Rodríguez destaca o valor do programa Erasmus+ para a internacionalización e o enriquecemento das escolas galegas
O instituto compostelán foi o único de España en coordinar dous destes proxectos
A Xunta investirá 16,2M€ na contratación de 1.800 persoas sen emprego nos concellos de Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde de axudas destinada á contratación de persoas perceptoras da Risga, que se suma ás dúas convocatorias xa publicadas a semana pasada: o programa Aprol Rural e o dirixido á realización de obras ou servizos de interese xeral ou social
A Xunta apoia a obra ‘Anatomía do pensar II’ que analiza o discurso filosófico en España, Portugal e Latinoamérica
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta esta segunda entrega a cargo do filósofo, escritor e decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago, Marcelino Agís
A Xunta aposta por potenciar a calidade do turismo galego para atraer visitantes neste Xacobeo 21-22 cunha proposta diferenciada
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na gala de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) a 24 establecementos do xeodestino Terras do Condado-A Paradanta
Lorenzana avoga por políticas de emprego e igualdade que consoliden un mercado laboral “resistente e flexible” fronte á covid-19
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na Coruña, na Escola Universitaria de Relacións Laborais, nunha charla sobre políticas sociolaborais
A Xunta e o Baile Deportivo Galego avanzan con paso firme cara a creación da federación
A Xunta segue coa súa aposta polo baile deportivo que en 2024 será incorporado ao programa olímpico a través do breaking (break dance), xa recoñecido como modalidade deportiva e promovido mediante a Liga Galega de Breaking que itinerará por toda Galicia