Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/04/21 | 13:22

Galicia convértese na terceira comunidade con máis humidais tras a proposta de inclusión das Illas Atlánticas na lista Ramsar

Un total de seis espazos galegos, que suman 16.178 hectáreas, quedarán distinguidos pola Unesco con este recoñecemento de carácter internacional

26/04/21 | 13:00

Lorenzana apunta á prevención como motor da seguridade e a saúde no traballo e avoga por sumar esforzos para loitar contra a pandemia

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia na webinar ‘A cultura preventiva, motor de resiliencia’

26/04/21 | 12:59 | C. de Economía e Industria

Conde subliña as vantaxes que outorga a Lei de reactivación económica aos concellos emprendedores

Remarca que a Xunta está informando negativamente de todos aqueles parques eólicos que se están desenvolvendo fóra das áreas establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia

26/04/21 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina coa Deputación de Ourense o convenio para cofinanciar a Tarxeta Bono Turístico #QuedamosenGalicia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinaron hoxe o acordo a través do cal o organismo provincial colabora coa iniciativa cunha achega de 150.000 euros

26/04/21 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza unha mesa de traballo cos concellos para deseñar unha Estratexia galega de atención á soidade non desexada "que arroupe a todos os maiores"

Asevera que neste obxectivo atópanse outros potenciais aliados, como as entidades sociais ou o pequeno comercio; e incide na necesidade de formar unha gran alianza contra a soidade

26/04/21 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anima aos comerciantes de Monforte de Lemos a sumarse ao programa de bonos desconto para dinamizar as vendas

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou varios establecementos para informar sobre a nova iniciativa da Administración galega, que financia bonos con rebaixas de 30 euros para que os consumidores os gasten nos negocios adheridos

26/04/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a partir do día 3 de maio os servizos de autobús para facilitar o traslado diario dos estudantes de Catoira ao IES de Valga

Desta forma aténdese á solicitude da ANPA para que os alumnos deste municipio poidan dispor do servizo de transporte público da Xunta ao IES de Valga

26/04/21 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o Museo do Pobo Galego reforzan a súa colaboración cunha partida extraordinaria para completar a museografía

O acordo supera os 500.000€, dos cales 200.000 están destinados ao novo proxecto expositivo no que o Goberno galego é a única administración implicada

26/04/21 | 11:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o seu compromiso co Marisquiño, un evento que conxuga con éxito turismo, deporte e cultura urbana

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asinou coa empresa organizadora o convenio polo que o Goberno autonómico destina 200.000 euros á cita deste ano

26/04/21 | 11:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 3.015 casos activos por coronavirus

Un total de 116.011 pacientes xa están curados