Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/04/21 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega en alugueiro unha vivenda de promoción pública na rúa Fermín Rivera, en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que o Goberno autonómico conta cun parque de 2890 vivendas na capital

26/04/21 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta instalará un novo modelo piloto de cerramento de seguridade na AG-64 no lugar de Sedes, en Narón, para evitar o acceso dos animais

A actuación prevista na provincia da Coruña centrarase nesta vía de alta capacidade desde o punto quilométrico 9+000 ata o punto quilométrico 11+000

26/04/21 | 10:36 | C. de Economía e Industria

Galicia é capaz de incrementar as vendas no exterior e o número de empresas exportadoras

As exportacións da Comunidade medran un 1,4% en febreiro, ao tempo que ascende un 11,4% o número de empresas galegas que exportan

26/04/21 | 10:31 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu a 39 persoas por 34 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 23 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 25 de abril, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 45 chamadas por accidentes de tráfico

26/04/21 | 09:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os premios Consumópolis e Galicons-Net para fomentar o consumo responsable nos centros educativos galegos

Os estudantes que participen en Consumópolis poderán optar a tres galardóns de 1000, 600 e 300 euros por cada categoría e os equipos gañadores representarán a Galicia na fase estatal do concurso

25/04/21 | 12:15

A Xunta organiza un obradoiro dixital para mellorar as oportunidades laborais dos maiores de 45 anos e parados de longa duración

Emprego e Igualdade convoca un curso de formación en competencias brandas: aptitudes en organización, traballo en equipo, comunicación, creatividade, xestión emocional ou capacidade resolutiva, entre outras

25/04/21 | 12:12 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Calquera persoa de Galicia pode xa autorizar a outra dende a sede electrónica da Xunta para realizar os seus trámites ante as administracións

O Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos permite tramitar a autorización dun xeito gratuíto

25/04/21 | 12:03

Medio Ambiente substitúe 61 vehículos para os traballos dos axentes ambientais

A Consellería adquire na modalidade de alugueiro un total de 15 vehículos todo terreos e 46 pick-ups, co obxectivo de mudar aqueles que remataron a súa vixencia

25/04/21 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o programa de Educación Responsable para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade

Na actualidade participan nesta iniciativa 63 centros de ensino, 6.500 alumnos e 560 docentes

25/04/21 | 11:48

A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade prorrogan a súa colaboración para avanzar na dixitalización da información dos títulos propietarios

Cooperarán nos vindeiros catro anos no intercambio de información gráfica e alfanumérica en materia urbanística