Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/11/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa o vindeiro ano nun millón de euros a contía destinada ao Plan Anual da Cooperación Galega

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo hoxe un encontro con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento para afondar nas actuacións previstas en 2023

02/11/22 | 11:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia destaca a importancia de que os países iberoamericanos se atopen irmandados por unha mesma visión do que significa a I+D+i

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración da V Reunión de Ministras, Ministros e Altas Autoridades de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación de Iberoamérica, que se celebra en Santiago de Compostela
 

02/11/22 | 11:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Mondariz de distintos treitos de estradas autonómicas e de sendas peonís ao paso polo municipio

Transfírense varios treitos antigos das estradas PO-254 e PO-262, o treito inicial da PO-261 e as sendas nas vías PO-262 e PO-431 na súa totalidade, xunto coa súa franxa de dominio público viario
 

02/11/22 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esgótanse os 20.000 vales de Bono Cultura da Xunta que xa poden empregarse en máis de 400 establecementos

Os usuarios poden gozar de descontos do 50% en compras de libros, música, entradas para museos, cines, concertos e teatro ata o 31 de decembro
 

02/11/22 | 10:46 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte dous cursos sobre capacitación para o persoal de granxas de gando porcino

Trátase de dous cursos semipresenciais que se celebrarán no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos a partir do vindeiro xoves 10 de novembro, o primeiro, e o venres 11 de novembro, o segundo

02/11/22 | 10:37

A Xunta inicia en Chantada un programa piloto para incidir na prevención de riscos entre o alumnado participante nos obradoiros duais de emprego

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) impartirá este xoves unha xornada especialmente dirixida á prevención dos riscos musculoesqueléticos e psicosociais nos traballos de coidado de persoas dependentes

02/11/22 | 10:29 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 1.889 casos activos por coronavirus

Un total de 677.564 pacientes xa están curados

01/11/22 | 15:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ponte...nas Ondas! Supera o último trámite previo para poder entrar no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco

A candidatura de Galicia e Portugal obtén informe de inscrición favorable, o paso anterior á decisión final do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial que se celebrará en Rabat a finais deste mes

01/11/22 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta no congreso Egurtek 2022 de Bilbao pola construción en madeira no marco do proxecto europeo Eguralt

Con máis de 1 millón de euros de financiamento, a iniciativa comunitaria enmárcase no Programa Interreg Sudoe co gallo de buscar a aplicación e difusión da innovación para a promoción da construción en altura con madeira no sudoeste europeo