Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Consellería do Mar destina en 2023 preto de 15M€ a axudas extraordinarias para o sector coas que paliar as consecuencias económicas da guerra en Ucraína
Estes apoios son para a frota, a acuicultura e a industria transformadora, esta última excluída das achegas estatais polo impacto do conflito bélico
Gabriel Alén enxalza a Xantar como o escaparate dos mellores produtos gastronómicos de Galicia
O delegado territorial destacou que podemos presumir da nosa educación, da nosa cultura e da nosa riqueza gastronómica, e que mellor escaparate que Xantar para amosarlle a quen nos visitan o deleite dos nosos produtos de primeira calidade e o resultado culinario da nosa cociña tradicional e ao tempo vangardista
A Xunta adxudica por máis de 286.000 € as obras para minimizar o risco de inundacións nos ríos Ulla e Sar ao seu paso por Catoira
Executaranse as obras de mellora do espazo fluvial do rego de Gondomil, no cruzamento coa estrada provincial EP-8702, incrementando a sección e implantando muros de contención ao longo de 160 metros
Rueda anuncia que a Xunta porá en marcha en 2023 o Centro de fabricación de terapias avanzadas de Galicia para elaborar fármacos innovadores contra o cancro
Os Orzamentos da Xunta permitirán dotar o centro das prazas de persoal, tras un investimento total no proxecto de 2,5 millóns de euros
A Xunta impulsará actuacións de recuperación e conservación das estruturas de madeira do patrimonio galego
O obxectivo do acordo é establecer un marco de colaboración que favoreza traballos conxuntos de restauración, empregando as técnicas máis axeitadas e potenciando -ao tempo- a investigación e especialización profesional no ámbito da rehabilitación
A consellería do Medio Rural contará en 2023 co orzamento máis alto da súa historia para consolidar as actuacións en materia de prevención, recuperación e calidade
Na prevención e defensa do monte, investiranse 14,9 millóns en medios do servizo antiincendios, 14,8 millóns en infraestruturas preventivas e 1,5 millóns nun novo grupo especializado na loita contra os grandes lumes forestais, entre outras accións
A Xunta defende a conservación do patrimonio natural a través de iniciativas culturais co apoio do programa ‘O teu xacobeo’
A delegada da Xunta en Vigo participou este luns na presentación dos resultados de 'Stop and help!', que o lixo non chegue ao mar”
A Xunta e a Universidade de Santiago impulsan a colaboración no eido da medicina legal e forense a través do instituto ‘Luís Concheiro’
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o reitor da USC, Antonio López, ratificaron o acordo que establece as liñas conxuntas de acción neste eido