Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

30/10/22 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre este mércores 2 de novembro o prazo para descargar o Bono Cultura

Poranse en circulación 20.000 vales que calquera persoa maior de idade poderá obter na web bonocultura.gal e empregar ata o 31 de decembro

30/10/22 | 11:00

As candidaturas de empresas que opten aos Premios de Responsabilidade Social de Galicia 2022 poden presentarse ata o 5 de decembro

A Xunta de Galicia quere distinguir o bo traballo das firmas en materia de responsabilidade social e conciliación

30/10/22 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta publica un portal web que irá incorporando toda a documentación e información do inventario forestal continuo de Galicia

A nova páxina inclúe un visor cartográfico e un centro de descargas con todos os datos capturados polas parcelas de inventariación ata o momento
 

30/10/22 | 10:06 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o seu modelo de aldeas intelixentes nun seminario internacional celebrado na República Checa

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural destacou que Galicia xa conta con 21 aldeas modelo aprobadas, que suman unhas 575 hectáreas recuperadas nunhas 9.300 parcelas de 2.360 propietarios
 

29/10/22 | 20:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica o proxecto de Alta Velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal como estratéxico para o futuro da Eurorrexión

Insta ao Goberno de España a que no XXXIII Cumio Ibérico, que se celebrará o 4 de novembro en Viana do Castelo, adquira compromisos sobre o AVE entre Vigo e Porto “máis alá das promesas”

29/10/22 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O deporte galego lamenta o pasamento de Alexander Kachelaev 'Sasha', "que elixiu Galicia para transmitir toda a súa sabedoría e levar á loita galega á elite"

Levaba máis de tres décadas vinculado ao CGTD como responsable da formación dos deportistas galegos de alto nivel da sección de loitas olímpicas e, nesta última etapa da súa vida, como encargado das relacións internacionais dos nove mundiais de Grappling e de Loita que veñen de rematar en Pontevedra

29/10/22 | 15:04 | C. de Economía e Industria
29/10/22 | 15:01 | Secretaría Xeral de Emigración

Chegan a Santiago os galegos do exterior que realizaron o programa conecta co Xacobeo organizado pola secretaría xeral da Emigración

Foron recibidos na praza de Mazarelos polo secretario xeral deste departamento, Antonio Rodríguez Miranda, quen os acompañou nos últimos metros ata chegar ao Obradoiro