Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste preto de 130.000 euros en achegas para mellorar os equipamentos e as infraestruturas dos establecementos hostaleiros de Ferrolterra
A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o Pazo do Monte, un dos negocios beneficiarios dunha achega para reformar as instalacións e adquirir nova maquinaria
Vimianzo presenta ‘A Costa da Vida’ para a dinamización sociocultural das súas parroquias dentro do programa da Xunta Territorio Cultura
O proxecto do Concello vimiancés forma parte da quincena de propostas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas
A Xunta despregará desde mañá un dispositivo de 390 profesionais, 80 vehículos e 5.400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo
Vázquez Mourelle presenta o Plan de Vialidade Invernal, que estará operativo desde mañá nas provincias de Ourense e Lugo, mentres que nas da Coruña e Pontevedra comezará o 15 de novembro, estendéndose ata o 30 de abril
A Xunta apoia este ano co programa Emega de emprendemento feminino a creación de 241 negocios e o emprego de 619 mulleres cun investimento de 4,4 M€
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade publica hoxe no DOG a resolución para 2022 desta iniciativa a través da que se conceden 346 axudas, un 47,9% máis que na anterior edición
A Xunta e as universidades de Vigo e A Coruña renovan o convenio para que o alumnado dos mestrados en prevención de riscos realicen as prácticas no Issga
As prácticas levaranse a cabo entre febreiro e xuño do próximo ano nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial, ergonomía e medicina do traballo
A Xunta recibe 7 ofertas de empresas para a construción da nova depuradora de Urdilde, no Concello de Rois, cun investimento de máis de 915.000 euros
Executarase unha nova planta de tratamento de augas residuais para dar servizo aos núcleos da Calle e de Macedos
Rueda destaca o papel do Camiño de Santiago na promoción da gastronomía de Galicia e para dar a coñecer o carácter solidario dos galegos
Gaba o papel das entidades sen ánimo de lucro como ACEM para mellorar a calidade de vida de persoas con esta doenza e salienta a implicación do Goberno galego para estar “á altura” das súas necesidades sanitarias e sociais
A Xunta publica unha nova orde de axudas a concellos para a posta en marcha de unidades de atención temperá
O Goberno galego destinará ata novembro de 2024 case 12 millóns de euros para abrir novos centros e consolidar os xa existentes
Os Orzamentos da Consellería de Política Social e Xuventude para 2023 suben un 16% e superan a cifra récord dos 1077 M€
Supón o dobre de fondos que os destinados a competencias desta área en 2009 e permitirá blindar os servizos sociais, así como reforzar a atención ás persoas en situación de desprotección ou en risco de padecela