Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 2.453 casos activos por coronavirus
Un total de 676.563 pacientes xa están curados
A Xunta salienta a importancia de dar máis visibilidade, informar e formar sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade
González Abeijón avoga por continuar apoiando ás persoas afectadas e aos seus familiares para facilitar a súa plena integración en todos os ámbitos da sociedade
A Xunta e o Concello do Vicedo investirán preto de 50.000 € nunha obra para humanizar a zona entre a Casa da Cultura e a gardaría coa construción dunha praza
A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da veciñanza
A Consellería de Sanidade logra un acordo unánime cos sindicatos da mesa sectorial para incorporar ao persoal temporal á carreira profesional
Un total de 8.700 profesionais temporais do Servizo Galego de Saúde acadarán xa o Grao I da carreira profesional en xaneiro de 2023, ademais outros 8.000 acadarano no ano 2024
A Xunta agradece aos voluntarios europeos do programa XacobeAndo o seu apoio ao Camiño
A través desta iniciativa, arredor de 80 mozas e mozos procedentes de oito países distintos realizaron desde o pasado verán actividades nas rutas Xacobeas en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sostible e Camiño dixital
Lete destaca a Galicia e Pontevedra como as “capitais mundiais do piragüismo” no Congreso internacional de adestradores, slalom e kaiak polo
Destaca aos adestradores do CGTD Daniel Brage, Daniel Costa, Alejandro Conde ou Manuel Freiría; lembra os éxitos internacionais do slalom galego con Ainhoa Lameiro, Luis Fernández e Manuel Ochoa; e incide no grande nivel do kaiak polo galego con deportistas como Samuel Pardavila, Alejandro Casal e Marta Canosa
Nava Castro participa nas xornadas levadas a cabo por TurisLab onde se analiza a importancia do Camiño no eido económico e social de Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nas xornadas que terán lugar hoxe e mañá en Padrón
A Xunta incrementa o orzamento sanitario ata preto dos 5.000 millóns de euros, coas maiores subas nos fondos para Saúde Pública, Atención Primaria e formación de novos especialistas
A aposta pola Saúde Pública tradúcese nun incremento dun 17% do orzamento para estas políticas ata chegar aos 106 millóns de euros, que financiarán as ampliacións dos programas de vacinación e cribado, o inicio do Plan de Obesidade Zero, a dixitalización dos sistemas de saúde pública ou a posta en marcha do Centro Galego para o Control e Detección de Enfermidades
A Xunta comprométese co Concello de Ferrol a actuacións de mellora nos servizos públicos, saneamento, infraestruturas e dinamización industrial da cidade
Anuncia a ampliación da participación da Xunta no saneamento rural de Ferrol, ata un 70 % cun investimento de 8,4 M€ ata 2026