Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/10/22 | 14:14 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa a calidade na produción alimentaria galega mediante a súa promoción e protección

José González definiu a procura da calidade como “un camiño de longo percorrido” e sinalou ademais que “sen calidade na orixe, non contaríamos con calidade no fin”, algo que en Galicia existe cunha gastronomía e unhas producións alimentarias excepcionais

28/10/22 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia melloras nas instalacións da escola infantil pública de Covelo por un valor de 23.000 €

Colocouse chan novo nas aulas, realizáronse tarefas de pintado e renováronse as portas de aluminio interiores, entre outras actuacións
 

28/10/22 | 13:40 | C. de Economía e Industria

A nova Axenda da Minaría de Galicia incentivará a modernización tecnolóxica e o desenvolvemento sustentable do sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou no Porriño as instalacións de Grupo Levantina, referente na industria do granito

28/10/22 | 13:34

A Xunta destinará 2,64 M€ en 2023 a mellorar o servizo galego de meteoroloxía e a rede de observación ambiental

Ángeles Vázquez explica que o Laboratorio de Medio Ambiente contará o vindeiro ano con ao redor de 1,6 M€ de financiamento

28/10/22 | 13:16

A Xunta formará en materia de disciplina urbanística a 150 funcionarios autonómicos e técnicos municipais

Trátase da segunda edición deste curso, que organiza a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública
 

28/10/22 | 12:31 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Lugo un curso de capacitación para o persoal de granxas de gando porcino

A formación, que arrancará o próximo venres 4 de novembro no edificio multiusos da Xunta na cidade lucense, terá unha duración de 20 horas -tanto teóricas como prácticas- distribuídas en catro xornadas

28/10/22 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da 1ª fase de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha, que suporán un investimento de máis de 1,8 M€

Nesta 1ª fase ampliarase a potabilizadora e construirase un bombeo e un novo depósito de auga potable que mellore o funcionamento da rede de abastecemento

28/10/22 | 12:01

Os profesionais do mar están chamados a votar mañá nas eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia

Todas as mesas electorais abrirán ás 10,00 horas e permanecerán abertas, na maioría dos casos, ata as 14,00 horas, un horario de votación que nalgúns pósitos se estenderá ata as 16,00, 17,00 ou 18,00 horas

28/10/22 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto para a construción da nova senda no Peteiro, no concello de Mugardos, que suporá un investimento de case 550.000 €

Esta intervención facilitará desprazamentos máis seguros e saudables e porá en valor unha contorna de gran valor natural e turístico, que inclúe a praia da Bestarruza ou o Castelo da Palma