Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/10/22 | 15:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte de Lemos unha xornada de cata de produtos amparados pola IXP Mel de Galicia

A acción formativa, que busca dar a coñecer as características físico-químicas dos meles galegos distinguidos con indicación xeográfica protexida, terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria o vindeiro xoves 3 de novembro en horario de tarde

27/10/22 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López defende os investimentos da Xunta no Deza e aclara que Silleda, Cruces, Agolada e Forcarei teñen agora en marcha accións por 4,5 M€

O delegado territorial asegura “non entender as críticas dos catro alcaldes, agás que se enmarquen en accións partidistas propias do período preelectoral das municipais” e lamenta que non dispoñan de máis fondos para emprego “porque non solicitan os obradoiros”
 

27/10/22 | 14:45 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pecha o novo catálogo de actividades do Plan Digitalent para continuar impulsando o talento tecnolóxico

O director do departamento autonómico reuniuse coas empresas do Pacto Dixital para incorporar as súas actividades ao Plan para o curso 2022/2023

27/10/22 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta debate no Comité Europeo das Rexións sobre as ondas de desinformación e discursos de odio en Europa

O director de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, participou en Mafra (Portugal) nunha reunión da Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e de Exteriores (CIVEX) do Comité Europeo das Rexións
 

27/10/22 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta porá en marcha unha axuda de 12.000 euros ao ano para as persoas con ELA

O presidente da Xunta destaca que Galicia será “a primeira comunidade” en contar cunha liña de axudas “directa e inmediata” para os pacientes con Esclerose Lateral Amiotrófica

27/10/22 | 14:27 | A Presidencia da Xunta

A Xunta recorrerá ante a Xustiza a decisión do Goberno central de bloquear a transferencia a Galicia dos 4,3 M€ comprometidos para o lobo

Rueda lamenta que o Executivo decida excluír a comunidade galega destes fondos “de maneira unilateral e sen fundamento legal que o xustifique”
 

27/10/22 | 14:14 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Axenda da Minaría Sustentable de Galicia pretende consolidar o sector como un aliado estratéxico para a modernización das principais cadeas de valor da industria

Rueda destaca que, cun investimento público de preto de 32M€ ata 2024, contribuirá “a fortalecer a competitividade do sector”

27/10/22 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A cidadanía esgotou en tres días os bonos da campaña da Xunta para activar o comercio, con máis de 800 negocios adscritos en Lugo

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, destaca que ata finais de novembro poden seguir sumándose novos establecementos