Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Bono Activa Comercio da Xunta esgótase en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembrou hoxe na Coruña que os beneficiarios teñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade, contribuíndo así á súa dinamización
A Xunta destaca o éxito do festival Galicia Ilusiona ao que asistiron máis de 52.000 espectadores
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do mundo da maxia
A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-543 ao seu paso polo concello de Brión
O Goberno galego inviste case 50.000 € na rehabilitación do firme desta vía para a eliminación do tramo de concentración de accidentes situado no entorno da rotonda do quilómetro 9+300
Trenor participou na apertura da III Xornada “A igualdade, un activo para a empresa” organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña
O delegado da Xunta na Coruña destacou que a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes é, cada vez máis, un criterio que as empresas incorporan para proxectarse externamente e conseguir recoñecemento. Os beneficios que reporta esta dinámica son amplos: mellora a imaxe, capta novos mercados e atrae novo talento
A adaptación ergonómica dos postos centra a nova xornada que o Issga enmarca na Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) reivindicou a necesidade de adaptar os postos de persoas traballadoras especialmente sensibles, embarazadas, mulleres en lactación, persoas maiores ou con dificultades funcionais
A Xunta sinala a importancia de aplicar a perspectiva de xénero nos plans de seguridade e saúde laboral para seguir avanzando na igualdade de oportunidades
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na Coruña na xornada Avances na saúde laboral e condicións de traballo con perspectiva de xénero, organizada pola Asociación de Empresarios da Coruña (Aeco), co apoio da Xunta
Fernández-Tapias avanza que a Xunta financiará con 7,3 M€ máis de 140 cursos de formación para persoas desempregadas en Vigo
A delegada territorial da Xunta presentou este xoves os cursos ás entidades de formación profesional adxudicatarios dos concursos para toda a área metropolitana
A Xunta pon en valor o papel dos administradores concursais na xurisdición do Mercantil
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na inauguración do “XVI Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal”, onde destacou a necesidade de que estes profesionais conten coa formación adecuada para adaptarse ás novidades lexislativas neste ámbito
Galicia rexistra un total de 2.397 casos activos por coronavirus
Un total de 676.241 pacientes xa están curados
A Policía Autonómica esclarece en colaboración coa UIFO un incendio forestal intencionado no concello coruñés de Ribeira
O lume, rexistrado o pasado setembro, afectou 6.800 metros cadrados de superficie arborada no lugar de Palmeira