Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

27/10/22 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incrementa o seu orzamento en 2023 ata os 578,5 M€, que levan aparellados preto de 11.000 empregos

Ethel Vázquez salienta os máis de 24 M€ que se destinarán a mellorar a resistencia fronte á seca e a actuar nos sistemas de abastecemento municipal, así como os 12,6M€ para afrontar con maiores garantías os riscos de inundacións

27/10/22 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha novas casas niño no Incio e Láncara para facilitar a conciliación das familias

En Galicia hai actualmente 95 centros deste tipo no rural, que poñen á disposición das familias dos concellos de menor tamaño 475 prazas gratuítas de atención á infancia

27/10/22 | 13:48

A Xunta avanza na configuración dun catálogo de Formación para o Emprego para adaptalo ás necesidades do tecido produtivo

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou no IX Encontro de Oficinas de Emprego Fronteirizas Galicia-Norte de Portugal

27/10/22 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/10/22 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reforza a promoción exterior do Xacobeo nos congresos internacionais de adestradores de piragüismo de Pontevedra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, fixo entrega de diverso material promocional do dobre Ano Santo aos máis de 300 participantes, procedentes de 18 países, nos certames que se celebrarán esta fin de semana no Pazo da Cultura da capital provincial

27/10/22 | 13:17

A Xunta presenta en Edugal os Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego como “antenas do territorio” para dar resposta ás necesidades empresariais

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, destacou que tras tres meses de funcionamento dos tres primeiros polos, a Xunta xa asesorou a máis de 60 persoas emprendedoras e medio cento de proxectos

27/10/22 | 13:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o papel das novas tecnoloxías para avanzar nos coidados dos galegos de máis idade

Antón Acevedo participou na mesa redonda ‘Innovación tecnológica y modelos de cuidados desde la perspectiva pública y privada’

27/10/22 | 13:07

A Xunta destina 15.000 euros a fortalecer o movemento asociativo feminino en Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse ata Cariño para coñecer o traballo da Asociación Profesional de Redeiras da localidade, beneficiaria desta convocatoria

27/10/22 | 12:46

Medio Ambiente xestionará o próximo ano 533,5 M€, o seu maior orzamento, para cumprir co obxectivo estratéxico de impulsar 1.200 novas vivendas públicas

Ángeles Vázquez subliña que son uns orzamentos sen precedentes nos que primarán as políticas residenciais, a protección da Galicia verde e o urbanismo responsable