Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O DOG publica o novo decreto sobre vixilancia sanitaria das augas de baño que incorpora un rexistro e a obriga de informar do estado das augas
O Decreto establece tamén os modelos de solicitudes de alta, modificación e baixa no rexistro, delimita as competencias das autoridades sanitarias, inclúe a actualización do control de calidade sanitaria das augas e regula a información que se facilita á poboación
A Xunta e os principais axentes socioeconómicos coinciden na importancia de sumar esforzos para que os proxectos estratéxicos para Galicia acaden fondos europeos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron esta tarde un encontro cos integrantes da Mesa do Diálogo Social
Rueda valora a importancia do xornalismo local para reforzar os lazos comúns e construír comunidades máis sólidas
O presidente do Goberno galego interveu na entrega do premio Puro Cora do Grupo El Progreso a Manuel Jabois
A Xunta asina un convenio co concello de Boimorto para a atención de persoas maiores
O Executivo autonómico destina 80.000 euros a este programa que permitirá a posta en marcha de actividades de atención integral á dependencia e promoción da autonomía
Fernández-Tapias destaca a figura do escritor portugués José Saramago na apertura das Xornadas Internacionais en Vigo polo do centenario do seu nacemento
A delegada territorial de Xunta en Vigo deu a benvida aos participantes nas conferencias que se celebrarán na sede do Parque Nacional Illas Atlánticas
García Comesaña presenta a nova unidade de ensaios clínicos en fases temperás e garante o labor de excelencia dos investigadores galegos
Desde agora, Galicia conta con unha das 17 unidades de Ensaios Clínicos de Fases Temperás acreditadas, do conxunto 39 que hai en toda España
A Xunta destaca o valor para Galicia da política de cohesión europea
Unha nova edición do ciclo de encontros FGE | NextGeneratiOn Galicia reúne a funcionarios europeos e galegos antes da posta en marcha dun novo período financeiro para a execución dos fondos estruturais
Comeza a instalación do módulo de atletismo do Ifevi que terá un prazo de 40 días e suporá un revulsivo deportivo e expositivo para Vigo
A empresa adxudicataria, cun importe de 312.547,32 euros, é Mondo Ibérica SAU, unha marca punteira que conta co 73 % das pistas indoor certificadas en todo o mundo por World Athletics e co pavimento dos últimos 13 Xogos Olímpicos