Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta instala un punto de información contra as agresións sexuais no recinto da Feira de Todos os Santos de Monterroso
O Goberno galego está a desenvolver a campaña ‘Agresión Off’ dirixida a formar e informar contra a violencia sexual en feiras, festas, festivais, concentracións turísticas e outras citas nas que se congregue un amplo número de persoas
A Xunta recupera o retablo do século XIX da igrexa de Santa María de Macendo en Castrelo do Miño
Os traballos impulsados polo Goberno galego centráronse en reparar os danos estruturais e en recuperar a policromía nas zonas máis deterioradas
A Xunta adxudica por preto de 320.000 euros as obras de mellora do sistema municipal de abastecemento de auga de Leiro
O obxectivo desta actuación é resolver os problemas da rede de subministración do municipio, coa renovación da tubaxe que conduce a auga desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro
A Xunta activa o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Lugo con 87 profesionais e 1.740 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo
O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 58 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve
A Xunta impulsa a mellora das instalacións náuticas da Pobra do Caramiñal con fondos europeos
A presidenta de Portos de Galicia e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro visitaron as obras de reforzo da seguridade dos pantaláns que se financian nun 50% a través do GALP Ría de Arousa
A Xunta organiza en Lugo un curso sobre a etiquetaxe dos alimentos
A acción formativa terá lugar os días 8 e 9 de novembro e levarase a cabo no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia
A Xunta activa o plan de vialidade invernal en Ourense con 83 profesionais e 2.000 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas
O plan, en servizo desde hoxe, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 46 máquinas, entre elas camións, pick-up, cuñas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve
A Xunta pon en marcha o primeiro programa de acollemento familiar especializado
O Goberno galego destinará 1,1 millóns de euros para esta nova iniciativa, que require entre as familias dunha cualificación profesional específica
A Xunta colabora con 30 museos europeos e nacionais para despedir o Ano Santo coa maior exposición deste Xacobeo que explora o binomio arte e desprazamento
‘Camiños creativos’ será unha das principais citas expositivas deste outono en España e inaugurarase en novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura
A Xunta destina preto de 14 M€ nos Orzamentos de 2023 á prestación da asistencia xurídica gratuíta
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo un encontro coa presidenta do Consello da Avogacía Galega para abordar as diferentes liñas de actuación conxunta entre as que tamén destaca a atención ás vítimas da violencia de xénero