Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Conde destaca que Galicia ten ante si a oportunidade de consolidarse como un referente en renovables e enerxía eólica
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta no Parlamento que desde a Xunta se avoga por un desenvolvemento eólico ordenado e garantista, vinculando os proxectos á nova realidade industrial e enerxética
Sanidade confirma a estabilización dos datos epidemiolóxicos de Galicia e apela a prudencia e a responsabilidade
A prioridade no proceso de vacinación da Xunta continúan a ser as persoas maiores de 80 anos, das que 98.216 xa foron vacinadas
A Xunta e o Concello de Marín asinan o convenio de colaboración para mellorar a rede de saneamento na contorna do río Lameira, que suporá un investimento de 3,6 M€
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade achegará o 80% do orzamento, case 2,9 millóns de euros, e o Concello de Marín o 20 % restante, 720.000 euros
A Xunta inviste 1,3 millóns de euros na parcelaria de Couso, en Coristanco, que hoxe se deu por finalizada coa entrega de case 800 títulos de propiedade
Decretaranse proximamente dúas novas parcelarias e véñense de poñer a exposición pública o estudo previo de iniciación doutros tres novos procesos, un deles no concello coruñés de Ordes
A Xunta anima ao sector primario e agroalimentario galego a presentar iniciativas para acollerse ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia fronte aos efectos da covid-19
A Consellería do Medio Rural lanza a Convocatoria de Manifestación de interese de proxectos autonómicos, co obxectivo de axudar a definir as liñas estratéxicas de actuación no rural galego
Extinguido o incendio forestal rexistrado esta madrugada no concello pontevedrés de Agolada, parroquia das Trabancas
Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 19,8 hectáreas, das cales 0,3 son de monte arborado e 19,5 de monte raso
A Xunta aproba de forma inicial o Plan básico municipal do concello de Trabada
É o terceiro municipio de Lugo que supera este trámite e segue avanzando para dotarse deste instrumento básico de ordenación, previsto na Lei do solo
A Xunta e a Fundación Ronsel lanzan o 2º programa de mentores que axudará a 200 autónomos a atenuar o efecto da covid nos seus negocios
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o director da Fundación Ronsel, Luís García Deber, presentaron hoxe en Santiago de Compostela a 2ª edición do programa ‘Mentoring’ dirixido a 200 profesionais autónomos
Gabriel Alén salienta o valor das casas niño como exemplo de conciliación no rural
A Xunta de Galicia habilita un investimento de 2 millóns de euros para a creación de 100 novas prazas en concellos de menos de 5000 habitantes que carezan doutros recursos
Galicia rexistra un total de 2.447 casos activos por coronavirus
Un total de 111.313 pacientes xa están curados