Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O comité clínico recomenda manter o nivel máximo de restricións nos concellos de Beade e Maside
Establece o nivel alto para os municipios de Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona
Jesús Curros recibe o I Premio de Ensaio da Academia Xacobea pola obra ‘Escenas, imaxes e sons do Camiño’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega celebrado no Pazo de San Roque
Galicia lamenta que o acordo provisional de cotas pesqueiras nas augas compartidas co Reino Unido non teña en conta os aspectos socioeconómicos
A proposta adoptada supón asignar ata o 31 de xullo a parte proporcional sobre o total anual das cotas recomendadas polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar á espera de que se acade un acordo co Goberno británico
Galicia demanda no Arco Atlántico modificar os criterios de reparto da reserva de aplicación ao brexit en materia de pesca
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, presidiu hoxe unha sesión das rexións atlánticas na que se debateu sobre o futuro fondo de compensación ante o Brexit
O COAG colaborará na definición das directrices que guiarán o Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta de Galicia
Román Rodríguez inicia unha rolda de contactos para avanzar no deseño dun modelo de colexios poscovid que responda aos retos de futuro da educación
Fernández-Tapias destaca a importante labor solidario e de loita contra os trastornos aditivos da asociación Alborada
A delegada territorial asegura que a Xunta seguirá apoiando ás entidades sociais que tecen a rede de benestar e prestan apoio aos que máis o precisan
A Xunta licita a renovación integral do firme e a modernización do balizamento da estrada autonómica PO-212 entre Rodeiro e Agolada por 1,1 M€
O delegado territorial da Xunta, Luis López, anuncia esta actuación, orientada ao reforzo da seguridade viaria e mellora da mobilidade, nunha visita a esta vía autonómica cos alcaldes de Rodeiro e Agolada, Rubén Quintá e Luis Calvo
Feijóo aborda cos alcaldes da Baixa Limia os proxectos clave para a comarca e a súa competitividade
Subliña que a Xunta está a redactar o proxecto para o acondicionamento da estrada autonómica OU-540, entre Celanova e a fronteira con Portugal, cun investimento de 11,5 millóns de euros
A Xunta prorrogará a vixencia dos libros de 4º e 6º de Primaria e 1º e 3º de ESO para evitar un gasto extraordinario nas familias
O obxectivo é facer coincidir a renovación dos manuais coa entrada en vigor dos novos currículos da Lomloe, que comezará no curso 22-23