Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta consegue o compromiso do Goberno central de que haberá un Plan turístico nacional do Xacobeo aprobado antes do verán
Nese documento deberán concretarse os prazos e os orzamentos cos que o Estado contribuirá para a organización do Xacobeo, tanto neste ano como no 2022
O Centro Dramático Galego reforzará as accións a prol da igualdade na produción, difusión, gobernanza e comunicación
No Día Internacional da Muller, a unidade de produción escénica da Xunta formalizou a súa adhesión á iniciativa ‘Temporadas de Igualdade MH nas artes escénicas’, promovidas pola Asociación Clásicas y Modernas
Gabriel Alén louva a figura de Emilia Pardo Bazán como exemplo de feminismo conciliador dentro dos actos do Día Internacional da Muller
O delegado territorial referiuse a Pardo Bazán “como unha muller brillante, preparada e pioneira no seu tempo que representa unha das primeiras voces de igualdade no noso país”
A Xunta licita as obras de mellora de firme en 4 estradas autonómicas nas comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal cun investimento de 1,4 M€
As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 5 de abril
O Arquivo de Galicia celebra o Día da Muller cunha mostra homenaxe a Luz Pozo Garza con pezas da súa colección persoal
Os secretarios xerais de Cultura e da Igualdade, Anxo M. Lorenzo, e Susana López Abella, xunto ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes e familiares da autora inauguraron a exposición que estará aberta ata xuño
A Xunta porá en marcha este mes unha antena en Londres para asesorar as empresas galegas ante os retos do Brexit
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, fai fincapé nun seminario organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), que se achegará información e axudas para manter a posición das empresas galegas no Reino Unido
O seguimento da folga do 8-M na Administración autonómica está a ser dun 4,34%
En Educación é do 2,42%, en Sanidade do 3,07% e na Administración de Xustiza dun 9,65%
A Delegación da Xunta en Pontevedra reafirma o seu compromiso para a consecución da igualdade das mulleres nos actos do 8 de marzo
O delegado territorial, Luis López, a secretaria territorial, Marta Iglesias, e a xefa territorial de Sanidade, Natalia Botana, dan lectura á declaración institucional polo Día Internacional da Muller na explanada do edificio administrativo