Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/03/21 | 17:34

Medio Ambiente investirá case 35.000 euros en urbanizar a contorna da Casa do Maior en Vide, no Concello de Castrelo de Miño

O acordo enmárcase no Plan Hurbe, un programa de apoio ás entidades locais para a creación ou mellora de equipamentos públicos que na última década permitiu levar a cabo 317 actuacións urbanísticas en máis de 100 municipios

08/03/21 | 17:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa 13 proxectos emprendedores de mulleres en Pontevedra e a súa bisbarra con 149.000€ en axudas do Plan Emega

O delegado territorial, Luis López, visita coa alcaldesa María Ramallo a xestoría de Mónica Plata Santín en Marín, que foi beneficiaria de 20.000€ ao abeiro das liñas Emprende e Concilia na modalidade de teletraballo

08/03/21 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López visita ao balonmán Atlético Guardés e cualifica ao club de “orgullo de Galicia e exemplo de superación e loita pola igualdade”

O delegado territorial acude a un encontro coa directiva, o adestrador e a plantilla para departir sobre a gran tempada que están a realizar e entregarlles uns obsequios da Secretaría Xeral da Igualdade

08/03/21 | 14:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina máis de 771.000€ a 16 concellos da área da Coruña para mellorar a súas infraestruturas rurais

O obxectivo do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas e do plan de infraestruturas rurais é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das súas principais vías de comunicación

08/03/21 | 14:52

Trenor visita a exposición 'Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas' na Biblioteca González Garcés

Na mostra, que permanecerá aberta ata o próximo 5 de abril, móstranse, de maneira visual e didáctica, diversos aspectos da traxectoria destas escritoras comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia

08/03/21 | 14:48 | C. de Sanidade

O Sergas inicia un novo curso de formación para a vacinación contra a covid-19 destinado ao persoal de enfermaría de atención primaria

O obxectivo é que os profesionais de Enfermaría coñezan as características da vacina, a súa loxística e as especificidades da súa administración

08/03/21 | 14:44 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá máis de 44.000 euros na rehabilitación do forno tradicional da Caridade, no municipio ourensán de Monterrei

Os traballos enmárcanse no programa de proxectos senlleiros impulsados pola Agader e formalizaranse mediante un convenio de colaboración co Concello

08/03/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López reúnese cos alcaldes de Ribadumia e Vilanova de Arousa para abordar a mellora do bombeo e colector de Cabanelas

O delegado territorial da Xunta trasladará a Augas de Galicia a solicitude desta actuación, solicitada polos dous rexedores arousáns

08/03/21 | 14:30

O obradoiro 'Santa Isabel IV', financiado pola Xunta, traballa na organización e dixitalización do arquivo municipal de Outeiro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Emprego e Igualdade destina 347.000 euros a este taller, no que tamén participan Castro de Rei e Cospeito

08/03/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca a “máxima implicación na educación en igualdade” do ensino público galego na súa visita ao CPI O Progreso de Catoira

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra louva o traballo do centro, acompañado do alcalde, Alberto García, despois de que os seus alumnos de 1º de Primaria gañasen o concurso rexional de carteis para a campaña do 8 de marzo