Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez destaca o investimento de 335.000€ na mellora da conexión da vía rápida do Salnés coa PO-504 en Sanxenxo coa fin de mellorar a fluidez de tráfico e reducir os atascos do verán
As empresas interesadas en acometer esta actuación teñen ata o 5 de abril para presentar as súas ofertas, co obxectivo de poder iniciar as obras despois do verán
A Policía Autonómica tramitou na fin de semana 231 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia
Leváronse a cabo 121 dispositivos con 556 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
Feijóo destaca un investimento de 10 millóns de euros no programa Rexurbe para a rehabilitación de 19 inmobles en Ferrol
Salienta que estes inmobles albergarán 38 vivendas protexidas en 4 locais comerciais no barrio de Ferrol Vello
Galicia rexistra un total de 3.514 casos activos por coronavirus
Un total de 107.951 pacientes xa están curados
Os concellos poderán solicitar desde mañá as axudas da Xunta para crear ou mellorar infraestruturas municipais
O DOG publica hoxe as bases e a convocatoria desta orde de subvencións, dirixida a municipios de menos de 20.000 habitantes e dotada de 2,3 millóns de euros
O Sergas lanza unha enquisa para participar no I Plan de igualdade
A Administración sanitaria quere coñecer as opinións e percepcións do persoal en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na organización, mediante unha enquisa consensuada con sindicatos
A Xunta dixitalizará este ano fondos da Guerra Civil e a posguerra custodiados nos seus arquivos históricos
Destina máis de 170.000 euros para identificar e facilitar o acceso a 1,3 millóns de documentos no inicio duns traballos que levarán ata a Transición
A rúa Marcelo Macías, en Ourense, rexistrará ao longo do día de mañá un corte de tráfico para avanzar nas obras de acondicionamento impulsadas pola Xunta
Para acometer un cruce de calzada para a canalización de abastecemento é preciso o corte de tráfico entre a glorieta do Olivo e a intersección coa Avda. de Portugal
A Xunta comezará en breve os traballos de adecuación no exterior do Centro integral para a loita contra o lume de Toén
Tras proceder á limpeza de biomasa nos arredores do centro, as seguintes actuacións pasarán pola adecuación do peche e das pistas de adestramento, así como unha análise estrutural das instalacións