Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 112 Galicia colabora co ministerio do interior para probar o sistema de avisos á poboación ES-Alert
Mañá xoves 27 de outubro, ensaiarase o sistema de alertas co que os avisos chegarán directamente ao teléfono móbil dos cidadáns afectados por unha posible emerxencia ou catástrofe
A Xunta asumirá en solitario o incremento de salario que supón a integración de profesores técnicos de FP no corpo de docentes de Ensino Secundario
O custo estimado en Galicia será de 2,6 M€, para o que non existen achegas do Goberno central
Román Rodríguez agradece a vontade didáctica da escritora Charo Golmar á hora de achegar a poesía aos máis novos
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na presentación do novo poemario da autora No bico do vento, editado por Bolanda Edicións
Rueda reafirma o apoio da Xunta ás persoas con discapacidade para avanzar na súa plena inclusión
O presidente do Goberno galego mantivo un encontro coa directiva da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)
A Xunta pon de relevo as axudas da PAC e as de plans de mellora e incorporación de mozos para contribuír ao futuro do agro galego
José Balseiros recordou que o Goberno galego volveu convocar este ano unha liña de anticipos para adiantar aos agricultores e gandeiros galegos no verán uns 200 millóns de euros das achegas da PAC
A Axenda Enerxética de Galicia 2030 achegará novas oportunidades para toda a industria, así como beneficios para a cidadanía
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, compareceu na comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo para informar desta folla da ruta
Fernández-Tapias avoga pola sensibilización social para colaborar na prevención do dano cerebral
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou na inauguración da exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’, organizada por Fegadace e a Xerencia da Área Sanitaria no Hospital Álvaro Cunqueiro
A Xunta ten aprobado ou en proceso de aprobación máis de 18 M€ para aumentar as plantacións, a silvicultura e a xestión ordenada das masas de coníferas e frondosas galegas
José González destacou que o vindeiro ano habilitaranse novas liñas de axudas por un importe de 11 millóns de euros para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais
A Xunta aposta polo programa ‘Mestres Gandeiros’ para achegar á comunidade educativa ao papel da poboación rural como xestora da paisaxe e da biodiversidade
Trátase dunha actividade promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para dar a coñecer entre a mocidade galega as boas prácticas agrarias e medioambientais que sobreviviron transmitíndose de xeración en xeración