Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia a construción dunha senda na contorna do centro de control da AG-55 en Nantón, no Concello de Cabana de Bergantiños
O Goberno galego inviste case 50.000 € na execución dun itinerario peonil de 300 metros na marxe esquerda da AC-552, para dar servizo aos traballadores do centro de control da autovía e aos veciños de Cazón, Camafreita e Denellón
Lorenzana aliña os compromisos da Xunta por un ámbito laboral libre de violencias cos propugnados pola Organización Internacional do Traballo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, inaugurou una xornada técnica para colexios profesionais sobre o Convenio 190 da Organización Internacional do Traballo (OIT)
A Xunta salienta a aposta constante do sector pola mellora na venda dos seus produtos coa creación de distintas ecoetiquetas
O Executivo galego enxalza a contribución de investigadores como o Grupo de Biotecnoloxía Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, que creou ferramentas como o selo Pescaenverde para dar a coñecer a baixa pegada de carbono e nula pegada hídrica do sector pesqueiro
A Xunta activa o Xeoportal de Protección Civil de Galicia con información sobre riscos colectivos e plans de protección
A nova ferramenta facilitará o acceso a estes recursos por parte da cidadanía, dos servizos de emerxencia, dos concellos e das empresas suxeitas á normativa de autoprotección
A Casa de Galicia en Madrid presenta gastronomía de calidade, Xacobeo e alta velocidade, as grandes bazas de Xantar 2022
A 2 horas 15 minutos en tren da capital española, o 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico convértese nunha motivación turística en si mesma e por iso presentouse onte na Casa de Galicia en Madrid ante medio centenar de medios de comunicación e profesionais do sector do turismo e hostalaría.
Galicia rexistra un total de 2.271 casos activos por coronavirus
Un total de 675.937pacientes xa están curados
O Sergas publica por primeira vez a apertura das listas de selección de persoal estatutario temporal na categoría de enxeñeiro biomédico
O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles, entre o 26 de outubro e o 16 de novembro
Rueda resalta o compromiso da Xunta cunha Administración da Xustiza moderna e eficiente ao realizar no 2023 melloras neste eido
Recorda as inversións adxudicadas en Galicia para que a xustiza ofreza un servizo eficaz aos cidadáns