Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/10/22 | 15:23 | A Presidencia da Xunta

As contas de 2023 da Xunta incluirán preto de 5,5 M€ para apoiar a promoción e a fortaleza dos produtos agroalimentarios galegos

Rueda recalca que nos Orzamentos tamén se incorporarán máis de 3 millóns para divulgar os produtos do mar nunha quincena de eventos nacionais e internacionais

25/10/22 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os preparativos da exposición da Xunta do Ano Picasso 2023 afrontan a súa fase final para divulgar a “galeguidade e vinculación coruñesa” do artista

A cinco meses da inauguración da mostra no Museo de Belas Artes da Coruña, culminouse xa a xestión coas entidades prestadoras e avánzase no futuro catálogo e nas ferramentas dixitais que a poidan complementar
 

25/10/22 | 15:08 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca a colaboración da Xunta coa Sociedade Beneficente Rosalia de Castro de Sâo Paulo para a atención aos galegos con maior necesidade socioasistencial

O secretario xeral da Emigración visitou esta asociación galegobrasileira destacando a colaboración anual con esta entidade para contribuír ao financiamento da asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día, que en 2022 superou os 13.000 euros

25/10/22 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará 90 M€ a intensificar a aposta polo transporte público para estender a todo o territorio as vantaxes dos autobuses metropolitanos

Vázquez Mourelle subliña que o Goberno galego seguirá a financiar o 76% do custo da prestación deste servizo público, polo que os cidadáns asumirán menos do 25%
 

25/10/22 | 15:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7,6 M€ nos Orzamentos de 2023 para apoiar os centros tecnolóxicos galegos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá co novo presidente de Atiga, Jesús Lago

25/10/22 | 14:16 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade achégase a doar sangue e lembra que son necesarias entre 400 e 500 doazóns diarias

Julio García Comesaña salienta a necesidade de incrementar o volume de doazóns dos grupos sanguíneos Cero Positivo e A Positivo, que nestes momentos atópanse nun nivel baixo

25/10/22 | 14:07 | A Presidencia da Xunta

A Xunta anuncia actuacións fundamentais para configurar unha Pontevedra con mellores servizos, máis verde e con máis oportunidades

Rueda adianta a posta en marcha dun ambicioso proxecto para recuperar o Pazo de Lourizán e a súa contorna, vencellado co arquitecto David Chipperfield para convertelo nun referente do sector forestal e darlle un uso turístico
 

25/10/22 | 14:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina máis de 22 millóns de euros á inclusión dixital nos concellos de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentou hoxe ás entidades locais o plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT

25/10/22 | 14:03 | C. de Economía e Industria

Máis de 112.000 clientes descargaron xa o Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia en pouco máis de 24 horas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Ribadeo diferentes establecementos nos que xa se poden empregar os descontos de 30€ cos que se incentivan as compras no comercio de proximidade

25/10/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta integrará no sector público autonómico ás tres fundacións de investigación sanitaria

O Goberno galego dá este paso tras homologar as condicións laborais das mesmas mediante os seus primeiros convenios colectivos, e tras acadar a acreditación, por parte do Instituto Carlos III, de todos os Institutos de Investigación sanitaria