Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/10/22 | 13:50 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta incrementa este curso nun 7% a matriculación nas súas escolas infantís

Nestes momentos hai xa matriculados máis de 8.300 nenos de 0 a 3 anos nos centros da rede pública autonómica

25/10/22 | 13:43

A Xunta destinará 8,6 M€ en 2023 a apoiar os concellos na execución de actuacións urbanísticas

 O Goberno galego ratifica o seu compromiso de seguir traballando man a man cos concellos na humanización das contornas a través de iniciativas como o plan Hurbe

25/10/22 | 13:34 | C. de Economía e Industria

Conde enmarca a planta de metanol verde de Foresa e Iberdrola en Caldas na aposta de Galicia pola sustentabilidade industrial

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salienta que a iniciativa Green Umia, que ambas as dúas empresas están proxectando integra nunha mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno para a posterior obtención de metanol verde

25/10/22 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsa o turismo da comunidade en sintonía cos obxectivos de desenvolvemento sostible a través do proxecto Galicia Destino Sostible

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do proxecto

25/10/22 | 13:04 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade dá a benvida aos 18 especialistas en Atención Primaria que se incorporan, por concurso de méritos, á área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

O conselleiro de Sanidade participou hoxe no acto de benvida de 18 dos 21 especialistas que cubrirán prazas vacantes nesta área sanitaria

25/10/22 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dunha senda peonil na estrada OU-933 na contorna do IES Cosme López Rodríguez, no Concello da Rúa

As obras contan cun investimento que rolda os 45.000 euros e consisten na habilitación dunha nova senda de preto de 700 metros de lonxitude pola marxe dereita da vía, na que se atopa o IES e onde existen accesos a vivendas

25/10/22 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 29 proxectos de pemes galegas para integrar o deseño como panca de innovación e sostibilidade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a empresa lucense A-Vida Revestiments, participante na primeira edición de DeseñaPeme

25/10/22 | 12:23 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros anima aos consumidores de Ferrolterra a facer as súas compras no comercio de proximidade a través do Bono Activa Comercio

O Goberno galego destina 5 millóns de euros a esta iniciativa na que espera que participen 160.000 persoas
 

25/10/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca que a Xunta reserva 20 M€ nos orzamentos de 2023 para colaborar co tecido empresarial galego exportador

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou no acto de inauguración da feira ExporPymes organizada pola Cámara de Comercio

25/10/22 | 12:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As probas para a obtención dos certificados de lingua galega realizaranse na segunda quincena de novembro

Os exames para a obtención do Celga 4 terán lugar o 19 e o 20 de novembro, para o Celga 3 o sábado 26 e para o Celga 2 o domingo 27