Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/10/22 | 15:04

O Consorcio Casco Vello avanza na rehabilitación dun dos edificios de maior volume da zona baixa do barrio

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do organismo autónomo, Marta Fernández-Tapias, visitou este luns as obras de reforma do inmoble de Real, 13
 

24/10/22 | 14:58 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta, universidades e Eurorrexión propoñen de xeito unánime á Coruña como candidata de Galicia con máis posibilidade para acoller a Aesia

Os integrantes do nodo galego de intelixencia artificial (nodo galicIA) tomaron a decisión tras analizar un documento no que se cuantificaron máis de 200 indicadores obxectivos

24/10/22 | 14:49 | C. de Economía e Industria

Máis de 37.000 clientes de toda Galicia descargaron xa o Bono Activa Comercio nas primeiras horas deste luns

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Marín diferentes establecementos participantes na iniciativa que hoxe bota a andar

24/10/22 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto ata o día 27 o prazo de presentación de solicitudes para participar no novo programa de voluntariado interxeracional

O novo programa do Goberno galego ten como obxectivo fomentar os encontros e as actividades entre mozos de entre 16 e 35 anos e maiores de 55 anos para impulsar o seu crecemento persoal e profesional

24/10/22 | 14:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca as melloras da Xunta no colexio de Boborás e no Castro de Cameixa

As obras de cubrición do CEIP Nosa Señora de Xuvencos comezarán antes de que remate novembro e terán un investimento de preto de 135.000€

24/10/22 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca unha nova edición dos ‘Premios Galicia de Acción Voluntaria’ para recoñecer o labor de persoas e entidades no 2022

O certame premiará con 4.000 euros á persoa voluntaria do ano, á entidade de acción voluntaria e ao mellor proxecto, levado a cabo por unha organización de xeito individual ou por varias de maneira conxunta

24/10/22 | 14:12 | C. de Sanidade

A Xunta amplía ata superar o millón de euros as axudas para os programas de saúde mental

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da última ampliación de crédito destas axudas, o que permite apoiar a máis de 50 proxectos

24/10/22 | 13:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra a “maioría de idade” da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia “en plena efervescencia cultural”

A delegada territorial de Xunta en Vigo deu a benvida ao director cultural da Biblioteca Nacional de España, Ángel Martínez Roger, que impartiu a lección inaugural do curso académico da ESAD

24/10/22 | 13:48

A Xunta xa concedeu 1,1 M€ para paliar os danos causados en vivendas polos incendios forestais

Ángeles Vázquez explica que se recibiron 39 peticións, das que 14 xa foron aboadas, e lembra que o prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 2 de novembro

24/10/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os Orzamentos da Xunta de 2023 recollen investimentos por importe de 3,3 M€ para o saneamento da Ría de Pontedeume

 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinará unha partida de 2,47 o vindeiro ano ás fases II e III de mellora do saneamento de Cabanas e Pontedeume