Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/10/22 | 13:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 800 persoas participan nos primeiros exercicios do proceso selectivo para cubrir 84 prazas de Policía Local en 23 concellos galegos

O recinto feiral de Silleda acolleu as dúas primeiras probas da oposición, a de coñecementos e a de lingua galega

24/10/22 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de mellora da mobilidade peonil na ponte da estrada AC-550 en Esteiro, no concello de Muros

O obxectivo da actuación é habilitar un paso seguro e accesible para peóns e ciclistas non deportivos entre ambas as ribeiras do río, ao modo dunha senda mixta paralela á ponte na súa marxe augas abaixo

24/10/22 | 13:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda visita a Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro destacando a colaboración da Xunta na súa labor de atención aos galegos con maior necesidade

O secretario xeral da Emigración visitou a entidade galega brasileira destacando a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 ascendeu a máis de 37.000 euros

24/10/22 | 12:53

A Xunta destinará 1 M€ ao mantemento da Rede de calidade do aire de Galicia ata o ano 2026

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar o servizo, que deberá garantir durante os vindeiros anos o bo funcionamento do equipamento técnico das 49 estacións de control de titularidade pública que hai na Comunidade
 

24/10/22 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá preto de 3M€ na ampliación e mellora do Instituto Xesús Ferro Couselo, en Ourense

Estase a construír unha nova pista cuberta de case 800 m² por 500.000€ e xa está en supervisión a redacción do proxecto de ampliación do centro por 2,6M€

24/10/22 | 11:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de mellora de seguridade na estrada PO-315 ao seu paso pola parroquia de Beluso, no concello de Bueu

As obras suporán un investimento autonómico de preto de 340.000 € e prevense licitar este ano para a súa execución en 2023
 

24/10/22 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1,45 M€ nos Orzamentos de 2023 para a construción dunha estrutura flotante no Parrote da Coruña que permita o baño e o recreo náutico

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e o presidente da Autoridade Portuaria avanzaron que o convenio de colaboración entre ambas entidades se aprobará mañá para iniciar as obras o vindeiro ano
 

24/10/22 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación da plataforma da ponte da estrada PO-354 en Loureza, no concello de Oia

O obxectivo é definir a solución construtiva para a ampliación do treito da vía situado no punto quilométrico 9+070 e dotar a estrada autonómica de 2 carrís con beiravías
 

24/10/22 | 11:42

A Xunta inicia hoxe a celebración da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo cunha xornada sobre realidade virtual e prevención de riscos

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organizará o xoves 27, tamén no marco da campaña europea, unha charla sobre adaptación dos postos de traballo
 

24/10/22 | 11:08

Máis dun cento de empresas participan no programa Responsabilízate da Xunta para impulsar o benestar laboral e facer un tecido produtivo máis competitivo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na apertura da xornada Novos criterios para a competitividade empresarial: posicionamento e resposta ante as esixencias ASG, no marco da iniciativa Responsabilízate