Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 2.338 casos activos por coronavirus
Un total de 675.699 pacientes xa están curados
O DOG publica hoxe a adxudicación de 91 das 106 novas prazas de especialista en atención primaria
Esta publicación faise coincidir coa resolución definitiva da adxudicación correspondente ao ano 2022 do concurso de traslados aberto e permanente (CAP) na categoría de médico de familia de atención primaria
A Xunta consolida o seu apoio ao asociacionismo local co investimento de 3 M€ en axudas a estes colectivos en 2023
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou hoxe na celebración do Día do Veciño 2022, organizada pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’
A Xunta participa na entrega da bandeira de Q de Calidade á Batalla de Rande
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, entregou o certificado en recoñecemento desta celebración
O audiovisual galego leva a cabo ata seis rodaxes simultáneas este outono con financiamento da Xunta
Vén de rematar na Coruña a filmación de ‘Un pasado por delante’, primeira longametraxe de Olga Osorio, mentres que continúan as das segundas temporadas de ‘Rapa’ en Ferrol e ‘Los enviados’ en varias localizacións da provincia de Pontevedra e de Santiago
Miranda participa na xuntanza de entidades galegas do Brasil que organiza a Casa de España de Río de Xaneiro
O secretario xeral da Emigración destacou a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 superou os 40.000 euros, e que ten como finalidade apoiar o funcionamento do seu centro social e manter a súa oficina de atención social
A Cidade da Xustiza de Vigo inicia este luns o traslado dos órganos xudiciais tras recibir máis de 5.000 visitas
As xornadas de portas abertas remataron o pasado venres e a súa posta en funcionamento comeza mañá polos xulgados Contencioso-Administrativo
A Xunta adxudica por máis de 120.000 € as obras de humanización da contorna dos núcleos de Papucín e Fonte Santaia, no Concello de Frades
A intervención centrarase nas vías que conducen aos centros de ambas parroquias, onde se habilitarán sendas peonís, se introducirán canalizacións para a auga e o alumeado, e se colocará unha estrutura para cubrir os contedores de lixo existentes
A Xunta avalía co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a candidatura do proxecto de mobilidade sustentable
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana unha reunión de traballo con representantes da entidade