Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta desenvolve cursos para facilitar a entrada no mercado laboral de persoas en risco de exclusión social
Programáronse accións formativas de manipulador de alimentos, caixeiro-repoñedor, operador de carretilla elevadora e educación vial nos concellos de Barbadás, Boiro, Ordes, Ribadeo e Vilagarcía, así como no centro penitenciario de A Lama
A Xunta activa un novo servizo para a consulta telemática dos expedientes de aproveitamentos madeireiros públicos
A nova ferramenta permite que os usuarios conecten os seus propios sistemas á aplicación Corpu -coa que se xestionan as cortas públicas de madeira-, proporcionándolles facilmente toda a información destes expedientes
A Xunta destina 550.000 euros para axudar aos concellos a mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura
O Diario Oficial de Galicia publicou a nova convocatoria coa que o Executivo galego apoia o investimento en novidades editoriais en galego nestes centros
A Xunta abre o prazo para inscribirse nas oposicións ampliadas para profesorado técnico de FP
O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 9 de febreiro
A Xunta renova o seu compromiso cos concellos e destina 11M€ ao fondo de compensación ambiental
A nova convocatoria, que se publicará o luns no Diario Oficial de Galicia, inclúe axudas para a erradicación do gas radón dos edificios municipais
A Xunta adaptará a formación para o emprego para anticiparse aos novos requirimentos do mercado de traballo
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de reunirse en Santiago de Compostela co presidente da Confederación Española de Empresas de Formación (Cecap), Manuel Pérez
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no noroeste da provincia da Coruña e no litoral lucense a partir deste mediodía
O resto do litoral galego atópase en nivel amarelo
Fernández-Tapias cifra nunhas 1.500 as familias viguesas que se benefician da gratuidade das escolas infantís privadas e de iniciativa social para segundos fillos
Nunha visita á escola infantil Lúa a delegada territorial sinalou que a Xunta destina ao financiamento desta medida na cidade 4,6 millóns de euros neste 2021
Galicia rexistra un total de 18.286 casos activos por coronavirus
Un total de 65.375 pacientes xa están curados
Román Rodríguez destaca que a rehabilitación de San Pedro “é un gran paso na recuperación do patrimonio lucense”
A actuación dotada con 750.000€ é unha das maiores apostas da Xunta nun ben histórico e permitirá resolver os danos existentes e mellorar a súa conservación